ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..3

  • Título DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO

  • Data(s) 1421-1882 (Creación) 1421 - 1839-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 110 unidades de instalación con 1.147 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Caamaño(S.XIV-S.XIX) A liñaxe dos Caamaño arranca na casa troncal de Noia, segundo o padre Crespo, con noticias coñecidas dende mediados do século XII. A primeira separación importante prodúcese con D. Álvaro de Caamaño, fundador da casa de Romelle no actual concello de Zas, á que corresponde a maior parte deste fondo. Posteriormente incorpórase a casa de Goiáns, os sucesores da cal crearán a casa de Ferrol, tendo algúns deles vínculos coa Armada. A partir do tronco inicial xorden as casas de Vista Alegre e Rubiáns co marquesado de Vilagarcía, acumulados por Don Álvaro de Mendoza, que será obxecto dun longo preito pola súa posesión. O morgado de Nebra foi fundado en 1524 e vai ter como agregados os de Noal, Baroña, Queiruga, Oleiros, Ribasieira e Caamaño. Por último, os Caamaño entroncan coa familia Pardo herdando o condado de Maceda xa no século XIX.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Moi interesante non só para a investigación xenealóxica senón tamén pola abundante información sobre a historia económica, a transmisión da propiedade e a administración do patrimonio no ámbito xeral de Galicia pois abarca as catro provincias. A documentación relativa a preitos é importantísima pola amplitude cronolóxica e refírese basicamente a cuestións patrimoniais e á sucesión de morgados e vínculos, das cales a máis importante é a que produce o marquesado de Vilagarcía entre os séculos XVIII e XIX. Comprende documentación de varias casas e familias que por agregación converxen na familia Caamaño.

  • Organizació

    Esta sección inclúe as seguintes series:
    
    3.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO:
    
    3.1.- Preitos (1421-1882).
    3.2.- Poderes (1505-1835).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición