Fondos
TESOURARÍA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AMANC.MOR.4.3
Título TESOURARÍA
Data(s) 1997-2011 (Creación)
Volume e soporte 12 unidades de instalación con 27 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo da Mancomunidade de concellos do Morrazo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A Tesouraría das Entidades Locais está constituída polos recursos financeiros, sexan diñeiro, valores ou créditos da Entidade Local. As función encomendadas á tesouraría son: recadar os dereitos e pagar as obrigacións; centralizar os fondos e valores xerados por operacións presupostarias e extrapresupostarias, distribuír no tempo as disposicións en diñeiro para satisfacer as obrigacións e responder dos avais contraídos. O antecedente do Tesoureiro encontrámolo no Mordomo do S. XIII. As súas funcións eran as de presentalas contas e libranzas que expedía o alcalde, levar a cabo os cobros e custodiar os depósitos. Estas funcións que podían ser outorgadas a calquera veciño que merecera a confianza dos membros da Corporación ou ben declarala como cargo municipal. Por R.D. de 10 de xuño de 1930 crease o corpo de Depositarios de fondos da Administración Local, corpo que será disolto durante a II República e rehabilitado coa Lei de Bases de 1935. A partir de 1945 os Depositarios van a sufrir poucas variacións nas súas funcións, a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o R.D. Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local defíneos como funcionarios de habilitación nacional que teñen atribuída a responsabilidade administrativa das funcións da tesouraría, que inclúe o manexo e custodia de fondos e valores da entidade e a recadación. Recolle a documentación xerada polo departamento facendístico homónimo, encargado da xestión dos recursos financeiros, sexan valores, diñeiro ou créditos, da entidade local. As funcións encomendadas á Tesouraría son: recadar os dereitos e pagar as obrigas, centralizar os fondos e valores xerados por operacións presupostarias e extrapresupostarias e distribuír no tempo as dispoñibilidades de capital para satisfacer as obrigas e responder ós avais contraídos. Segundo o artigo 5 do R.D. 1174/1987 será función da tesouraría o manexo e custodia de fondos, valores e efectos da entidade local e a realización de cantos cobros e pagamentos corresponda ós fondos e valores da entidade.
Organizació
Esta 1ª división de sección, TESOURARÍA, está organizada polas seguintes series documentais: 4.- FACENDA 4.3.- TESOURARÍA 4.3.1.- Actas de arqueo 4.3.2.- Contas de recadación 4.3.3.- Contas correntes
Ãrea de notas
Nota