ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Libro de actas da Comisión de Goberno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO.1.1.3.2

  • Título Libro de actas da Comisión de Goberno

  • Data(s) 1985-2003 (Creación) 1985-07-22 - 2003-12-30 (Produción)

  • Volume e soporte 9 unidades de instalación con 23 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Grove

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local. A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)

Área de control da descrición