ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Proxecto "Deputrans"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.57

  • Título Proxecto "Deputrans"

  • Data(s) 2004-2012 (Creación)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Depuración de aguas residuais de pequenos núcleos de población que afectan ás concas dos ríos transfronteirizos Galicia- Norte de Portugal Programa: INTERREG III A Eixo 2: Valoración, promoción e conservación ambiental e dos recursos patrimoniais e naturais. Xefe de fila: Deputación Provincial de Pontevedra. O Proxecto DEPUTRANS tiña como obxectivo principal contribuír a frear a degradación do espazo medioambiental contido na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través do tratamento das augas residuais domésticas producidas polos pequenos núcleos de población do rural nas provincias de Pontevedra, Ourense e Norte de Portugal, que afectan ás concas internacionais e transfronteirizas do Miño, Limia e Támega. Deputrans proxecta a depuración das augas residuais domesticas dos núcleos de poboación do rural menores de 2.000 habitantes que conten con redes de saneamento e que carezan de sistemas de depuración ou dispoñan de fosas sépticas ou outros sistemas de depuración obsoletos, que non cumpran coa normativa medioambiental vixente. O proxecto ten instalado plantas de tratamento de augas residuais domesticas prefabricadas e compactas, biolóxicas, de aireación prolongada e recirculación de lodos activos seguido dun proceso de desinfección por ozonización. As plantas de tratamento son compactas, fácilmente trasladables dunha lozalización a outra e precisarán un reducido espazo para a súa instalación. Son ademais, sistemas modulares de fácil conexión que permitan ampliar a capacidade de depuración dos equipos iniciais até 2.000 habitantes-equivalentes para a súa instalación en paralelo, cun funcionamento totalmente automático, sen necesidade dun operador e non requirirán ningún tipo de aditivo, floculante, coagulante nin cualquera outro produto que precise de reposición. Deste modo esta formulación propugna reducir os investimentos en obra civil, orientándoas á depuración localizada de cada núcleo de modo tal que se evite un investimento elevado en obra civil, dado que para a instalación de pequenas plantas de tratamento de augas residuais prefabricadas e compactas de carácter biolóxico, a obra civil a levar a cabo consiste fundamentalmente na construción dos pozos e arquetas de entrada e descarga da planta de tratamento, a solera, e o peche da parcela. Accións: > Redacción do proxecto tipo para a subministración de planta depuradora compacta e ficha técnica dos núcleos de actuación prioritaria das concas hidrográficas comúns. Esta tarefa xa ten sido iniciada no momento da redacción da presente candidatura por parte das cámaras, que contan cos seus proxectos aprobados e será finalizada o cuarto trimestre de 2004. > Construción de redes de saneamento. A obra civil propiamente dita se realizará na parte portuguesa do proxecto, neste senso a obra relativa ás redes de saneamento executarase entre o cuarto do 2004 e cuarto do 2005. > Adquisición de plantas depuradoras a través de concurso para a subministración de plantas depuradoras compactas biolóxicas, por aireación prolongada e recirculación de lodos activos, seguido dun proceso de desinfección por ozonización, no que se incluirá a instalación e a posta en marcha das mismas. > Instalación e posta en marcha das plantas depuradoras. > Promoción e difusión que comprende todas as tarefas encamiñadas á difusión do proxecto en base aos principios de transparencia e información. > Seguimento e control, comprenderá un plan de seguimento do proxecto no que se establecerá un calendario de reunioós conxuntas de avaliación. O Proxecto articulouse en torno a cuatro fases: a primera delas denominada "planificación" consistiu en levar a cabo a redacción dos proxectos tipo de cada unha das plantas depuradores compactas que se ían instalar. A segunda fase, denominada "obra civil" consistiu na construción das redes de saneamento e obras menores das plataformas para a instalación posterior nelas das plantas depuradoras. A terceira fase denominada "Subministración de infraestruturas medioambientais" incluía todas as tarefas necesarias para a adquisición das plantas depuradoras, así como a súa instalación e posta en funcionamento. Por último, deseñouse unha cuarta fase denominada "Seguimento e avaliación" que se compón das actividades de promoción e difusión do proxecto, así como as de seguimento e control

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición