Fondos
20. Proxecto "Eco Mountain Value"
Proxecto "Eco Mountain Value"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.20
Título Proxecto "Eco Mountain Value"
Data(s) 2010 (Creación) 2010-2010 (Produción)
Volume e soporte 1 unidade de instalación
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O proxecto ECO MOUNTAIN VALUE, dentro do programa SUDOE INTERREG III B, tería como obxectivo xeral concebir unha estratexia que asegure a sustentabilidade socio-económica das paisaxes de montaña, preservando os seus valores ambientais e histórico- culturais. Para iso realizaríanse as seguintes actividades: 1- Crear redes de cooperación transnacional para a transferencia de coñecemento en materia de innovación. 2- Recopilar e utilizar a xestión do coñecemento (knowledge management) xerado nos diferentes centros de investigación, tecnolóxicos ou educativos de todo o espazo SUDOE como ferramenta de acceso á innovación empresarial, e difundir este coñecemento así como os diferentes procesos de innovación xerados entre os pequenos emprendedores co propósito de fomentar a creación de microempresas e mellorar a competitividade das existentes. 3- Incentivar o espíritu emprendedor e a creación de novas empresas innovadoras no espazo SUDOE. 4- Apoiar o asentamento de empresas innovadoras e contribuír a reducir a taxa de mortalidade das novas empresas durante os primeiros anos de actividade empresarial. A Deputación participaría nas siguientes actividades, xunto ao seguimento, avaliación, promoción e difusión: GT1 Paisaxe e biodiversidade: coñecer, interpretar e xestionar GT2: Análise e organización dos circuitos de produción/ distribución tradicionais GT3: Promoción do paisaxe cultural como produto turístico. Deputación de Pontevedra participaría como socio. Proxecto DENEGADO.
Ãrea de notas
Nota