ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.789
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Proxecto "Lets Integrate Youth Action"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.13

  • Título Proxecto "Lets Integrate Youth Action"

  • Data(s) 2009 (Creación) 2009-2010 (Produción)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O proxecto "Intégrate co deporte" dentro do programa de acción comunitaria "Xuventude en acción" tén como obxectivo xeral realizar un intercambio internacional que permitía a un grupo de mozos/as españois acoller a catro grupos de mozos /as de diferentes países para desenvolver un programa de actividades en común. Este intercambio vai dirixido a grupos de xóvenes con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e busca promover a participación e inclusión da mocidade con menos oportunidades, pertencente a diferentes países da Unión Europea para favorecer o seu entendemento utilizando o deporte como ferramenta para desenvolver actividades de cidadanía e inclusión social e estilos de vida saudables a través de actividades físicas.
    Os obxectivos específicos son:
    - Ofrecer ós mozos/as procedentes de diferentes culturas a posibilidade de encontrarse e coñecer mellor as súas culturas respectivas.
    -Fomentar a participación e a cidadanía activa dos mozos/as na sociedade na que viven, tendo un papel activo no programa de actividades do intercambio.
    - Promover a cooperación europea no eido da xuventude desenvolvendo actividades de cooperación nas que os mozos/as tomarán parte formando equipos nos que se dará prioridade á multiculturalidade.
    - Fomentar na mocidade o interese por aprender outros idiomas por medio da convivencia con xente doutras culturas, potenciando a solidaridade, promovendo a tolerancia...
    - Fomentar o diálogo intercultural, a cidadanía e a inclusión social dos mozos/as europeos con memos oportunidades utilizando como ferramenta a práctica de deportes ao aire libre aproveitando os recursos naturais desta zona de España para promocionar estilos de vida saúdables.
    - Potenciar o entendemento mutuo entre mozos/as de diferentes países por medio da convivencia e tomando parte en actividades que lles axudarán a concienciarse da existencia de diferentes realidades sociais e culturais, aprendendo uns dos outros e reforzando a súa idea de pertencer a unha cidadanía europea.
    Accións:
    Actividade 1: Coñecemento e difusión do programa "Xuventude en acción".
    Actividade 2: Educación a través do deporte e as actividades ao aire libre, traballando a Inclusión social e a multiculturalidade.
    Actividade 3: Grupos de discusión, mesas de traballo e debates que fomenten a educación non formal.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición