ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Proxecto "Omega"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.24

  • Título Proxecto "Omega"

  • Data(s) 2005-2006 (Creación) 2005-2006 (Produción)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O obxectivo final do proxecto Omega sería a posta en marcha dun sistema de información de apoio á xestión e planificación estratéxica do espazo transfronteirizo de Pontevedra-Vale do Miho, basado en tecnoloxías de información xeográfica (GIS), e que posibilite ao mesmo tempo unha coordinación e xestión común das infraestruturas, equipamentos e servizos públicos a un e a outro lado da fronteira, con especial atención aos criterios medioambientais e de desenvolvemento sostenible. Un primeir obxectivo da estruturación nas fases do proxecto OMEGA é ordenar con coherencia as actividades e facilitar os traballos de avaliación e seguimento. As catro fases nas que estrutura a súa execución establécense tamén cos obxetcivos de permitir unha entrada progresiva en funcionamento dos diferentes servizos e actividades propostos no proxecto, partindo da fase conceptual de deseño global do proxecto até a implementación dos servizos de consulta e análise de información. Esablécense catro fases de execución. Na cuarta fase realízanse tarefas de carácter continuo, é dicir, aquelas de carácter transversal como difusión, xestión, coordinación, seguimento e avaliación. FASE 1: LANZAMENTO DO PROXECTO: A través de reunións dos socios do proxecto realizarase unha planificación detallada do mesmo a través dos instrumentos de cadro de mando e manual de xestión interno da iniciativa e se seleccionarán as tecnoloxías finalmente utilizadas así como a armonización da cartografía e fotografía aérea a utilizar no proxecto. FASE 2: GIS DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTOS: Durante esta fase implementaranse os sistemas de información de carácter máis operativo, centrándose na creación de bases de datos de infraestruturas e equipamentos locais. Estas bases de datos así como os sistemas de análises e consultas deberán de permitir a toma de decisións sobre localizacións de novas infraestruturas e equipamentos, así como a determinación de posibles infraestruturas de xestión conxunta entre Galicia e Portugal con criterios técnicos. FASE 3: GIS DE MEDIOAMBIENTE E DESENVOLMENTO SUSTENTABLE LOCAL: Sobre a base dos sistemas de información creados nas fases anteriores, crearase un sistema de información con bases de datos de carácter medioambiental, así como o sistema de análises e obtención de información sobre o mismo. Esta actividade, pola súa importancia estratéxica, compleméntase con formación específica nesta materia e un servizo de asesoramento específico dirixido ás entidades locais. Presuposto total Deputación inicial: 756.000,00 Proxecto DENEGADO.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición