ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Proxecto "Uniminho"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.1

  • Título Proxecto "Uniminho"

  • Data(s) 2000-2014 (Creación)

  • Volume e soporte 7 Unidades de instalación

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido UNIMINHO: Desenvolvemento da cooperación no Vale do Minho Transfronterizo. Programa: INTERREG III A. Eje 4. Fomento de la cooperación e integración social e institucional O obxectivo do proxecto Uniminho é a creación dunha entidade de cooperación transfronteiriza España-Norte de Portugal liderada pola Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho. Ademais da creación desta figura o proxecto pretende proporcionar condicións de arranque da mesma, como a elaboración dalgúns estudos que permitan trazar liñas de orientación estratéxica para o desenvolvemento do territorio nos próximos anos, coa elaboración dun plan estratéxico para a zona transfronteiriza. O fin último de Uniminho resulta da procura e xestión de cooperación na xestión local do espazo transfronteirizo a través da cooperación. O que se pretendeu é facer dos municipios do Miño un referente europeo de desenvolvemento local a través da cooperación pública e privada, da posta en valor dos seus recursos naturais e culturais propios deste espazo territorial, do impulso da vocación turística do territorio e da utilización intensiva das tecnoloxías da información e a innovación como catalizadores do proceso de desenvolvemento. Por unha banda, serían contratados os servizos xurídicos para apoiar a creación desta nova entidade, así como preparación da documentación e escritura pública de constitución. Ademais da súa constitución formal serán contratados os equipos técnicos, sede e delegación. O equipo xogará un papel de axentes de dinamización de proxectos de cooperación transfronteiriza, contribuíndo á promoción doutros proxectos de cooperación entre as dúas rexións. Se adquerirían os equipos necesarios para as respectivas oficinas de cooperación cuxos espazos serán proporcionados por CIM Vale do Minho e Deputación de Pontevedra. Serán contratados tamén servizos gráficos para a creación de imaxe desta nova institución así como produtos gráficos. Doutra banda, realizaríase unha adquisición de servizos para a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Estratéxico para o Vale do Minho Transfronteirizo e para os anos 2007-2013, que identifique as liñas de orientación para a profundización da cooperación transfronteiriza nos municipios que se adhiran a esta institución. Propúñanse xa certas áreas temáticas (5 programas operativos). Se implementaría un proxecto piloto onde serán deseñados e concibidos materiais de divulgación como señalética, palens, rutas turíticas temáticas, contidos para educación ambiental e para Internet que poida ser candidatado a programa Interreg ou outro.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición