ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Carta de venda feita por Juan López, zapateiro, e a súa muller Leonor García, a favor do coengo Esteban de Xunqueiras na cidade de Tui

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..1.1.2.1.191/24

  • Título Carta de venda feita por Juan López, zapateiro, e a súa muller Leonor García, a favor do coengo Esteban de Xunqueiras na cidade de Tui

  • Data(s) 1558-06-21. Tui (Creación)

  • Volume e soporte 7 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Carta de venda feita por Juan López, zapateiro, e a súa muller Leonor García da metade dunhas casas e horta sitas na Corredeira da vila de Tui, procedentes da súa dote, a favor do reverendo coengo Esteban de Xunqueiras por 32 ducados. Desde o punto de vista da diplomática notarial é unha escritura de compravenda que reflicte un negocio xurídico que ten por obxeto a entrega dunha cousa determinada a cambio dun certo prezo. A súa estrutura diplomática consta de -Protocolo inicial: ábrese cunha notificación xeral que expresa o tipo documental: Sepan quantos esta carta vieren". A continuación a identificación dos outorgantes con nome, profesión e vecindade. -Texto: Exposición na que se reflicte a capacidade para realizar o negocio xurídico co poder que concede o marido á muller para executar o outorgamento. Na disposición iníciase coa fórmula "otorgamos e conosçemos" expresando o obxeto que se transfire e as súas características, o prezo e o pago. Cláusulas de obriga do cumprimento: "obligamos nuestras persoas e bienes" e renuncia de leis que lles puideran favorecer. -Escatocolo: figuran as datas tópica e crónica "que fue fecha ..... en la çiudad de Tui a veinte....", a relación de testemuñas "el dicho Bartolome Filgueiras...." e a validación do escribán e notario publico Antonio Gonçalez co seu signo, firma e rúbrica . Tamén deixa tamén constancia das emendas "ba testado o dezía....."

  • Valoración, selección e eliminación Os documentos anteriores a 1940 non se consideran obxeto de valoración con vistas a súa eliminación pois son sempre de conservación permanente.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Segundo a Lei 16/1986 do Patrimonio Histórico Español e RD 1708/2011 de ameto estatal e a Lei 7/2014 de Arquivos e documentos de Galicia é un documento de libre acceso que unicamente pode ser restrinxido por motivos de conservación.

  • Condicións de reprodución Documento dixitalizado do que se permite reprodución para actividades de docencia e investigación.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos É un documento orixinal en bo estado de conservación.

  • Instrumentos de descrición Base de datos ATOM.

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas Podría existir nos protocolos notariais no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición