ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Proxecto "Socialtech"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.36

  • Título Proxecto "Socialtech"

  • Data(s) 2010 (Creación) 2010 - 2010-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O proxecto INNOVACIÓN NO SECTOR DE SERVIZOS SOCIAIS-SOCIALTECH, fai a súa presentación á 2ª convocatoria para a solicitude de proxectos dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal 2007-2013 (POCTEP). SOCIALTECH ten como obxectivo principal desenvolver unha estratexia para introducir a innovación nos sectores de Servizos Sociais, de forma que o sector público, privado e terceiro sector traballen xuntos para mellorar os servizos ás persoas, especialmente nas áreas transfronteirizas, que teñen unha especial problemática. Obxectivos: Identificar o sector de servizos sociais como un sector empresarial propio e claramente definido. Favorecer a incorporación de novas TICS na prestación de servizos que facilite o abaratamento de custos e aumento da produtividade. Vertebrar específicamente o sector, debido o tamaño de moitas empresas (PEMES e microempresas) coexistindo con empresas de maior dimensión. O tamaño reducido de moitas das empresas fai necesario un empurrón inicial e unha titorización dende o sector público. Sensibilizar fai a necesidade de innovación no sector e identificar as novas TIC que poidan ser aproveitadas para o desenrolo de novos servizos. Xefe de fila: Secretaría Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia. Socio 1: FEUGA, como impulsor da colaboración universidad-empresa. Socio 2: Santa Casa da Misericórdia de Arcos de Valdevez. Socio3: Instituto Politécnico do Cavado e do Ave Socio 4: Universidade Catolica Portuguesa Socio 5: Deputación de Pontevedra. Proxecto posiblemente denegado.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición