Fondos
39. Proxecto "Caminho-Costa"
Proxecto "Caminho-Costa"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.39
Título Proxecto "Caminho-Costa"
Data(s) 2010 (Creación) 2010-2010 (Produción)
Volume e soporte 1 unidade de instalación.
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O proxecto “Valorización ambiental y turística del Camino Santiago Portugés por la costa, CAMINHO- COSTA”, presentase na 2ª convocatoria do Programa Operativo Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal 2007-2013 (POCTEP) .
O proxecto CAMINHO-COSTA ten como obxectivo principal establecer unha estrutura organizativa para a xestión conxunta do itinerario transfonteirizo do Camiño de Santiago portugués pola costa, mellorar a súa sinalización, a promoción turística e contribuir á mellora dos equipamentos ambientais e turísticos do Camiño.
Para a consecución destes obxectivos, no proxecto CAMINHO-COSTA está prevista a realización das seguintes actividades:
Creación dunha asociación transfronteiriza de autoridades locais orientada á xestión coordinada dos recursos ambientais, culturais e turísticos vinculados ao trazado do Camiño de Santiago portugués pola costa.
Traballos de sinalización e promoción do Camiño portugués pola costa.
Elaboración de materiais de difusión orientados ao camiñante que permitan dar a coñocer os recursos ambientais e patrimoniais asociados ao Camiño.
Implantación de tres equipamentos ambientais de calidade no entorno do trazado do Camiño.
Beneficiario principal: Mancomunidade de Montes de Vigo.
Socios: O.A. Turismo Rías Baixas.
Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira.
Cámara Municipal de Valença.
Cámara Municipal de Caminha.
Cámara Municipal de Esposende.
Cámara Municipal de Matosinhos.
Nota: Proxecto posiblemente denegado.
Ãrea de notas
Nota