Fondos
Proxecto "Nautiminho"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.41
Título Proxecto "Nautiminho"
Data(s) 2010 (Creación)
Volume e soporte 1 unidade de instalación.
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O proxecto NAUTIMINHO preséntase na 2ª convocatoria de proxectos cofinanciados polo FEDER dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal 2007-2013 (POCTEP).
O proxecto NAUTIMINHO ten como obxectivo principal: reforzar a competitividade e a capacidade de innovación e o desenvolvemento dos territorios que conforman o ámbito de intervención do proxecto (España- Portugal), onde se atopa a provincia de Pontevedra.
Outros obxectivos do proxecto son:
Promover accións de dinamización náutico-deportiva que se dirixan á consolidación no mercado turístico peninsular e internacional do espazo transfronteirizo Sur de Galicia- Norte de Portugal como destino turístico referente de calidade unidos á naútica e ó deporte con actividade durante todo o ano.
Creación dunha marca transfronteiriza chamada "Nauti-Minho", creada e promovida por entidades xa de Galicia, xa do Norte de Portugal para a potenciación conxunta do turismo naútico recreativo e deportivo como recurso para a dinamización das economías locais e creación de emprego relacionado cos sectores turístico e deportivo en ámbolos lados da fronteira.
Mellorar e ampliar as infraestructuras e equipamentos existentes nas zonas relacionadas ca náutica recreativa e deportiva. Potenciación das actuais infraestructuras de comunicación existentes ou en desuso (roteiros de sendeirismo, ecovías, comunicación ferroviaria, etc.)
Beneficiario principal: Portos de Galicia.
Socios: O.A. Turismo Rías Baixas.
CIM- Comunidade Intermunicipal Minho-Lima.
Concello de Crecente.
Camara Municipal de Valença
Asociación Agan
Camara Municipal de Monçao
Camara Municipal de Melgaço.
Proxecto posiblemente denegado.
Ãrea de notas
Nota