ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Proxecto "Unidade de Promoción e desenvolvemento (UPD)"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.49

  • Título Proxecto "Unidade de Promoción e desenvolvemento (UPD)"

  • Data(s) 2003-2012 (Creación)

  • Volume e soporte 15 unidades de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O obxectivo principal da Unidade de Promoción e Desenvolvemento foi o deseño, a planificación e a execución dun conxunto de medidas que estimularán a actividade económica da provincia dende a perspectiva de xeración de emprego, dentro dunha estratexia de apoio ós procesos de desenvolvemento local dos concellos da provincia, dende a Deputación de Pontevedra. Ademais do obxectivo xeral, desenvolveu o seu traballo, dende decembro de 2004 ata decembro de 2006, en función dos diferentes obxectivos específicos sinalados na orde da convocatoria de axudas para as Unidades de Promoción e desenvolvemento do 30 de marzo de 2004. A Unidade de Promoción e Desenvolvemento financiouse con cargo a subvención concedida pola Consellaría de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións laborais, a Deputación como Entidade promotora da mesma aportou un total de 178.030.92 € dos 670.362,20 € que tiña de custe o proxecto. A UPD 2004-2006 traballou na Promoción económica do Territorio e na Promoción do Emprego dende as diferentes estratexias de actuación que tiña marcadas. Así nestes meses de funcionamento participouse de xeito activo tanto no deseño como na elaboración de proxectos de E.O. /O.E e na adapatación dos mesmos á nova normativa da Consellaría de Traballo. Os proxectos que se estaban a solicitar e xestionar inclúen a Iniciativa Comunitaria Equal, a Iniciativa Comunitaria Interreg, o Artigo 6 do regulamento do FSE, a implantación da Decisión do parlamento relativo a Estratexia Marco en Igualdade de Xénero, a Subvención Global, e outras liñas de traballo no ámbito autonómico, ademais doutras. Proxectos nos que traballou o equipo técnico da UPD da Deputación Procincial de Pontevedra, agrupados en función do traballo realizado: 1- Asesoramento e Asistencia técnica. 2- Redacción de proxectos. 3- Implementación de proxectos. 4- Eixos tranversais. 5- Publicacións. 6- Estudios. 7- Xornadas e Presentacións.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición