ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Consorcio contra Incendios e Salvamento

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.3.21

  • Título Consorcio contra Incendios e Salvamento

  • Data(s) 1999-2023 (Creación) 2012 - (Produción) - 2014 (Produción)

  • Volume e soporte 35 unidades de instalación en 221 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística O Consorcio disólvese con efectos de 31-12-2011 pero segue funcionando ata 2012.

  • Forma do ingreso Transferencia extraordinaria. Enviado sen folla de remisión nin relación documental desde o Servizo de Cooperación.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Até o ano 1998, en Galicia só existían sete parques de bombeiros, situados nas grandes cidades e de xestión municipal. Esta situación, denotaba a precariedade do servizo contra incendios e de salvamento, dado que a cobertura limitábase á área das grandes cidades. Máis do 64% da poboación galega, en materia de salvamento e rescate, dependía das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. As Agrupacións de Voluntarios demostraron, e seguen demostrando, unha gran profesionalidade e alto grao de preparación o que, sumado ao apoio desde a Xunta de Galicia coa cesión de vehículos, equipos de rescate, comunicacións, material contra incendios, etc., fixo posible que se cubrisen moitas das necesidades na emerxencia cotiá. O aspecto negativo radicaba na gran dependencia que existía do voluntariado, presentándose dificultades para cubrir as 24 horas. A creación do 62 GRUMIR, con moito persoal proveniente das A.V.P.C., veu dar certa estabilidade, pero aínda había un gran problema de continuidade no tempo. Finalmente, a fórmula eligida en Galicia para difundir o Servizo Contra Incendios e de Salvamento a máis do tres cuartas partes do territorio e poboación galegos, integrando a todas as administracións implicadas, foi a do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento Na provincia de Pontevedra crease polo Decreto 36/2011, de 17 de febreiro, polo que se aproba constituír o Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. Constitúese ó abeiro do artigo 196 e concordantes da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, para dar cumprimento ó establecido nas disposicións adicional terceira e transitoria terceira da Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia. A lexislación vixente atribúe ás entidades que integran o Consorcio a facultade de executar as competencias do servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento. Integran o Consorcio a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Constitúese de forma voluntaria e por un tempo indefinido. Ten a condición de entidade local non territorial con carácter administrativo e personalidade xurídica propia e independente das entidades que o compoñen, así como a capacidade para ocuparse do cumprimento dos seus fins estatutarios. Existen parques de bombeiros en Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcia de Arousa.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Consorcio Provincial de Bombeiros (Tema)

Área de control da descrición