Fondos
1.953/4. Expediente da publicación: "Rápido de Bouzas: 1914-2014"
Expediente da publicación: "Rápido de Bouzas: 1914-2014"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.2.7.5.1.953/4
Título Expediente da publicación: "Rápido de Bouzas: 1914-2014"
Data(s) 2014 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Arquivo Deputación de Pontevedra() A maior parte dos fondos conservados no Arquivo da Deputación de Pontevedra teñen relación co desenvolvemento no territorio provincial das funcións de fomento e administración da provincia e dos seus intereses. Inclúense ademais algúns fondos de institucións anteriores, así como de centros benéficos e asistenciais vinculados á Deputación, dos que asumiu funcións e competencias unha vez suprimidos ou transformados. Complementan estes fondos algunhas coleccións documentais de varias persoas, familias e casas, que moitas veces superan o espazo territorial provincial e alcanzan outras zonas da comunidade galega. Salientar a inexistencia da documentación dos primeiros antecedentes da deputación provincial nos períodos liberais, inicialmente con sede e capitalidade en Vigo. A instalación definitiva da Deputación en Pontevedra tería lugar o 12 de febreiro de 1836. O arquivo como entidade nace unido á propia Deputación Provincial, manténdose ata a actualidade, na que se atopa integrado no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, xunto coa Biblioteca e a Editorial. A instalación dos primeiros fondos do arquivo institucional sitúanse, nos comenzos, nunha casa arrendada ao efecto, sita no corazón da cidade vella, na rúa da Costa de Santa María. Nesta primeira fase, xunto co interese pola conservación dos primeiros documentos houbo unha preocupación por recuperar a documentación correspondente a primeira Deputación Provincial instalada con capitalidade en Vigo e durante o trienio liberal. Así, formulouse na sesión do 3 de xullo de 1836 a correspondente reclamación que nunca, lamentablemente, alcanzaría o seu obxectivo. A finais do mesmo ano de 1836 a documentación e a propia institución establecerán a súa sede no desamortizado ex-convento de franciscanos da cidade, onde se mantería ata o seu traslado ao novo e primeiro pazo provincial, contruído para esta finalidade na Alameda, actual Avenida de Montero Rios. Podemos falar de arquivo como tal a partires de 1845, ano en que se produce a Real Orde do 24 de outubro, pola que se crea o Arquivo, que acollerá os documentos da Deputación Provincial, Xunta Provincial e Goberno Civil, e coa mesma noméase para a súa custodia a un oficial. É necesario agardar ata o ano 1852 para obter o primeiro nomeamento de arquiveiro que recae na persoas de D. Pablo Chocano, decretado por Real Orde de 21 de outubro de 1852, quen emitiría un informe denunciando as penosas condicións nas que se atopaba o Arquivo, conseguindo levar adiante dúas reformas no mesmo ano. Foi cesado en 1854 e sucedeulle Lamberto Lucero, igualmente cesado ós dous meses pola supresión da praza, ata que por Real Orde de 15 de febreiro de 1857 se nomea a D. Juan Fernández Gil, que igualmente denunciaba a lamentable situación de amontonamento dos documentos do arquivo. Posteriormente en abril de 1862 é nomeado D. Carlos Méndez Osorio quen cesou ós 14 días, pasando a substituílo D. Luciano Escarpazo, que aguantaría no cargo ata marzo de 1864, volvendo a encargarse D.Carlos Méndez ata agosto de 1865. Seguiulle D. Felipe Carlos Rivas, que mantivo o seu posto ata decembro de 1866, substituíndolle inmediatamente D. Rogelio Lois, ata o mes de outubro no que tomou posesión D. Joaquín Rivadulla, quen ao menos mantívose ata o ano 1880. En 1882-1883 o Arquivo e a Deputación estrearán novas dependencias no pazo provincial construído a tal efecto, trasladándose tanto a documentación propia da Deputación como a do Goberno Civil e instalándose o Arquivo na pranta baixa do novo edificio. Coñecemos a existencia do arquiveiro profesional Fernández Villamil, quen compartiu os seus traballos na Deputación co Arquivo Histórico Provincial do Estado, a Biblioteca Pública e a súa cátedra de instituto, ata 1955. Con Villamil producíuse unha boa parte da dispersión documental e bibliográfica, depositándose algúns fondos no Arquivo Histórico Provincial e a maior parte dos volumes da biblioteca e boletíns na Biblioteca Pública. Pero foi posteriormente cando a Deputación, sen ningún profesional ao fronte, por falla de espazo, según se alegou, decide depositar no Museo de Pontevedra unha boa parte da antiga documentación. En dito lugar sofre unha expoliación de improntas e selados e a conseguinte desorganización dos seus atados, ademais de expurgarse indiscriminadamente unha boa parte dela, co que o volume documental dende finais do século XIX e ata mediados do XX queda absolutamente mermado. A partir de 1977 cúbrese a praza de arquiveiro sendo nomeado D. Miguel Ángel Pereira Figueroa. A partires de aquí retómase con intensidade unha ambiciosa actuación na procura de recomposición do Arquivo e da Biblioteca Provincial. Refórzanse as instalacións do Pazo Provincial na pranta alta, recupérase a totalidade da documentación depositada no Museo e ábrense novas instalacións, no Convento de Xesuítas xunto con algúns locais provisionais máis, manténdose os do Pazo Provincial para a custodia e conservación da cada vez máis abundante documentación producida e transferida dende os Servizos adminsitrativos. O propio Arquivo-Biblioteca alcanza a condición de Servizo, ao que se lle engadirá máis tarde a editorial da Deputación; Impulsouse definitivamente o traballo de organización, clasificación, e descrición documental así como os esforzos pola súa difusión e posta en valor, ampliouse considerablemente o persoal, melloráronse as instalacións e ampliáronse os fondos con novos ingresos por depósito e compra. No ano 2010 procedeuse á reforma integral da actual sede do Arquivo e da Biblioteca no edificio da rúa Padre Amoedo,1 o que proporciona unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha fachada na que destaca a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade. O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples. Nas plantas superiores van as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. Publicación nº 481 Título: Rápido de Bouzas: 1914-2014 Autor: Raúl Rodríguez Conde ISBN 978-84-8457-424-8 DL PO-520-2014 Contén: informe proposta, presuposto, factura, acordo renuncia e responsabilidades. Resolución nº 16.348 de 2-06-2014 adxudicando a UALA Design, S.L. por 7.730,33 €. Imprenta Gráficas Salnés S.L. Datas: 2014
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Publicación Club deportivo España Galicia Pontevedra Vigo Bouzas (San Miguel)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo Bouzas (San Miguel)
Nome dos puntos de acceso Arquivo Deputación de Pontevedra (Tema) (Creador)