Fondos
34.390/28. Inventario de bens que quedaron de José Varela Torres e súa muller Candelaria Varela de la Cerda (1909)
Inventario de bens que quedaron de José Varela Torres e súa muller Candelaria Varela de la Cerda (1909)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..1.2.1.34.390/28
Título Inventario de bens que quedaron de José Varela Torres e súa muller Candelaria Varela de la Cerda (1909)
Data(s) 1909 (Creación)
Volume e soporte 2 documento: Inventario de varias follas cosidas + 4 follas dun borrador de acta na Casa de Casalnovo
Área de contexto
Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Inventario de bens e accións que quedaron de José Varela Torres e súa muller Candelaria Varela de la Cerda que corresponden a seus fillos menores Benito, Jacobo, María, José, Concepción, Lorenzo, Juana, manuel e María de Rosario formulado polo seu titor don Lorenzo Varela de la Cerda e protector don Rafael Apolinario Fernández. Casas de Buzaca e Casalnovo e outros no concello de Moraña; Concello de Caldas: Concello de Cuntis en Arcos; Concello de Morera no Partido de Falset na Provincia de Tarragona) - Borrador de acta de partición na que se inclúe a irmá Rosario representada polo seu home Pedro Legeren. Sen data crónica. Casalnovo. Data: 1909, 04, 18. Casalnovo, Concello de Caldas de Reis.
Área de condicións de acceso e utilización
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Conservación boa
Ãrea de notas
Nota E01 - Página manchada: 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53, 54, 57, 58, 59, 60, 61, 62, 63 E02 - Arrugas en el documento: 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 E06 - Texto oculto: 14, 16, 18, 20, 22, 24, 25, 26, 27, 28, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 54 E03 - Página incompleta: 58, 60, 62, 63
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)