ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.566
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

Fondos

XULGADO DE PAZ DE COTOBADE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36012.AXP.COT.

  • Título XULGADO DE PAZ DE COTOBADE

  • Data(s) 1841-2023 (Creación)

  • Volume e soporte 139 unidades documentais; 1231 agrupacións documentais e 212 libros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Cotobade(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Cotobade no ano 1870, formando parte inicialmente do partido xudicial da Lama, logo denominado Ponte Caldelas, con pequenos períodos de supresión en 1867 e 1920 nos que se integrou respectivamente nos de Caldas de Reis e Pontevedra. Foi definitivamente no ano 1965 cando se suprime o partido xudicial de Ponte Caldelas e se integra no de Pontevedra, no que permanece. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Cerdedo-Cotobade

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na casa do concello ocupando unha superficie de 20 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 16 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1996, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Coincidindo cos procesos de actualización do arquivo municipal, incorporouse ó arquivo do Xulgado de Paz a documentación producida nos útimos anos, levando a cabo os procesos técnicos no ano 2010 Iria Chaves Moledo e María del Carmen Fariña Fernández e no ano 2023 José Ángel Reyes González e Alicia Souto Piñeiro.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1863, criminal dende 1863 e gobernativa dende 1845, ou de eleccións dende 1919. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- REXISTRO CIVIL
    
    1.1.- Correspondencia
    1.2.- Nacementos
    1.3.- Matrimonios
    1.4.- Defuncións
    1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos
    1.6.- Consello de Familia
    1.7.- Nacionalidade
    1.8.- Libros de familia
    
    2.- XULGADO
    
    2.1.- Administración
    2.2.- Asuntos civís
    2.3.- Asuntos criminais
    2.4.- Asuntos gobernativos
    2.5.- Eleccións
    2.6.- Comunidades de Montes

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Cotobade, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Cotobade

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Cotobade (Tema) (Creador)

Área de control da descrición