ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

PARQUE NATURAL DAS ILLAS CIES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.30

  • Título PARQUE NATURAL DAS ILLAS CIES

  • Data(s) 1958-2016 (Creación)

  • Volume e soporte 26 unidades documentais ; 258 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Xunta Reitora do Parque Natural das Illas Cíes(1980-2002)

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Como antecedente da creación do Parque Natural das Illas Cíes se aproba a Orde do Ministerio de Agricultura do 20 de outubro de 1975 que acorda tramitar a declaración das Illas Cíes como paraxe natural, ao amparo da Lei 15/1975 de 2 de maio de espacios naturais protexidos. O Consello de Ministros de 17 de outubro de 1980 aproba o proxecto de Real Decreto declarando parque natural as Illas Cies. Promúlgase o Real Decreto nº 2497/80 de 17 de outubro no B.O.E. de 15 de novembro de 1980. No artigo 5º créase a Xunta Reitora do Parque, un órgano colexiado. En 1985, xa consolidada a autonomía, a Xunta de Galicia publica o Decreto 75/1985 de 18 de abril (DOGA nº 88 de 9 de maio de1985) polo que se modifica a composición da Xunta Reitora quedando administrada baixo a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Xunta de Galicia e adscrito a Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, momento en que é nomeado novo presidente Felipe Bárcena y Varela de Limia. Na Lei 15/2002 se declara o Parque Nacional Maritimo-terrestre das Illas Atlánticas polo que o día 22 de xullo de 2002 deixa de existir a Xunta Reitora do Parque Natural das Illas Cíes.

  • Forma do ingreso Depósito permanente entregado por D. Felipe Bárcena y Varela de Limia. Data: Noia, Pazo da Peña do Ouro, a 15 de xuño de 2023

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Podemos atopar información dos órganos de goberno a través dos: libros de actas, expedientes de sesións do pleno e da comisión permanente da Xunta Reitora do Parque Natural Illas Cíes ou de aqueles que ocuparon cargos de goberno; así memso datos relativos a administración: por medio dos regulamentos, correspondencia ou rexistros de entrada ou de saída; sendo de especial interese todos aqueles documentos que teñen que ver coas actividades e produción científica relacionada co parque como traballos de investigación, proxectos de obras, plans de ordenación ou recortes de prensa. Sen dúbida unha achega documental, gráfica e incluso bibliográfica novidosa, pois mergullámonos nunha temática peculiar e diferente a cal non solemos atopar nos arquivos, ademais de ter a oportunidade de coñecer e valorar o potencial medioambiental, biolóxico e natural dun tesouro que temos o privilexio de ter nós, os galegos.

  • Valoración, selección e eliminación Non se levou a cabo ningún tipo de expurgo ou selección debido o seu carácter testimonial e informativo e de plena vixencia administrativa.

  • Novos ingresos Non están previstos novos ingresos

  • Organizació

    PARQUE NATURAL DAS ILLAS CIES
    
    1 ÓRGANOS DE GOBERNO
    1.1 Libro de actas da Xunta Rectora
    1.2 Expedientes de sesións do Pleno
    1.3 Expedientes de sesións da Comisión Permanente
    1.4 Cargos de goberno
    
    2 ADMINISTRACIÓN
    2.1 Regulamentos e lexislación
    2.2 Correspondencia
    2.3 Rexistro de entrada e saída
    
    3 CONTABILIDADE
    
    4 ACTIVIDADES E PRODUCIÓN CIENTÍFICA
    4.1 Plans de ordenación
    4.2 Proxectos de obras e actuacións
    4.3 Traballos de investigación
    4.4 Recortes de prensa e difusión

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Xunta Reitora do Parque Natural das Illas Cíes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición