ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

Fondos

MANUEL LORENZO BROCOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.29

  • Título MANUEL LORENZO BROCOS

  • Data(s) 1910-1933 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Manuel Lorenzo Brocos(Dorvisón (Vila de Cruces), 1860-1946)

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Este fondo foi depositado no Arquivo da Deputación, o día 30 de maio de 2023, para a súa organización, descrición, conservación e consulta por investigadores, a petición de dona Mónica Penas Penas, membro da familia propietaria da documentación. Manuel Lorenzo Brocos naceu en Dorvisou, na parroquia de Insua do concello de Vila de Cruces, na década de 1880. Orfo moi novo, emigrou a Cuba onde colaborou moi activamente na creación da Sociedade "Hijos del partido de Lalín" en 1910, sendo presidente de dita Sociedade no ano 1913, presidente da sección de propaganda nos anos 1915-1916, ano que o nomean co título "presidente de honor". Na memoria de 1919 aparece como socio fundador asi como "presidente de honor". Xa de regreso en Galicia en 1928 funda o Sindicato Agrícola de Insua e Duxame. Asina o Estatuto ou Regulamento do Sindicato ó 25 de febreiro de 1928. En 1933 asina o documento de disolución do Sindicato por falta de socios. Destaca tamén a súa faceta como pintor autodidacta colaborando nas pinturas murais de igrexas, escolas como a de Dorvisón (Insua), estandarte da Sociedade "Hijos del partido de Lalín" (1910)

  • Forma do ingreso Doazón permanente

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Constitúe un interesante fondo documental para poder estudar o comportamento social da emigración galega a América a través dos datos da vida de Manuel Lorenzo Brocos como fundador e directivo na sesión constitutiva do 23 de marzo de 1910, e durante unha década, da Sociedade “Hijos del Partido de Lalín” da Habana (Cuba), destacando o seu compromiso coas obras benéficas que se desenvolveron no partido de Lalín, como a edificación do Hospital-Asilo de Lalín ou o apoio para fomentar a instrucción primaria coa creación e mantemento de escolas. Todos estos datos se poden estudar nos documentos aportados: Nota de prensa sobre a fundación da Sociedade [s.d.] Fotografía do Pendón da Sociedade “Hijos del Partido de Lalín”, pintado por Brocos 1910 Balance xeral da Sociedade “Hijos del Partido de Lalín”, La Habana 1912 Programa da festa da Sociedade “Hijos del Partido de Lalín”, La Habana 1913 Memorias da Sociedade “Hijos del Partido de Lalín”, La Habana 1913-1919 Publicación “El Partido de Lalín” nº 1 ano 1 1921 Plano de edificio do Hospital-Asilo de Lalín [s.d.] Fotografía do interior da escola de Dorvisón [s.d.] Fotografía do alumnado da escola de Dorvisón [s.d.] E por outra banda se pode encadrar na historia do movemento agrario de Galicia no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é a expresión organizada dunha clase social, o campesiñado, que nunca tivera unha expresión política no xogo de forzas políticas galegas aínda sendo maioria social naquela altura, ate un 90% da sociedade a comezos do s. XX. Non conta cunha organización unitaria. Como elementos comúns, ou, cando menos, presentes en moitas das expresións agraristas están as reivindicacións de redención foral, a aparición de cooperativas de compra de diferentes inputs agrogandeiros, seguros mutuos, a retórica anticaciquil ou o republicanismo. Insua e Duxame non son alleas a estas dinámicas do agro. A crise finisecular do seculo XIX provocada pola chegada de productos agrarios de América suporá unha das causas que acelere a reacción campesiña ante os cambios que se estaban a producir nunha economía capitalista mundializada. A información comprende a creación e desenvolvemento do Sindicato Agrario das parroquias de Insua e Duxame do antiguo concello de Carbia (Vila de Cruces) nos escasos seis anos de duración, na que Manuel Lorenzo Brocos, retornado xa das Américas, funda e preside. Se pode comprobar cos seguintes documentos: Estatutos para o Sindicato Agrícola das parroquias de Insua e Duxame do concello de Carbia 1928 Libro de actas das Xuntas Directivas do Sindicato Agrícola de Insua e Duxame 1928-1933 Libro de actas das Xuntas Xerais do Sindicato Agrícola de Insua e Duxame 1928-1931 Libro rexistro do Sindicato Agrícola de Insua e Duxame 1928-1929 Libro de Caixa do Sindicato Agrícola de Insua e Duxame 1928-1932 Correspondencia, circulares e comunicacións 1929-1933 Fotografías: -Dous retratos de Manuel Lorenzo Brocos [s.d.]

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo, e para o estudio histórico de Galicia do primeiro terzo do século XX. Toda a documentación é obxecto de protección total segundo a Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e a Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia.

  • Novos ingresos Posibilidade de novas incorporacións se a doante recopila máis documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Manuel Lorenzo Brocos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición