Arquivo municipal de Marín
Área de identificación
Identificador ES.GA.36026.AM.MAR.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Marín
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Marín
Área de contacto
Manuel Santos Costa
Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Ourense s/n Localidade Marín Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36900
Área de descrición
Historia
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O Concello de Marín ocupa 36 km2, cunha poboación, segundo INE 2014 de 25.329 habitantes. Repartidos en sete parroquias: Marín (Santa Maria do Porto ) San Xulián (San Xulian de Marín de Arriba) Mogor (San Xurxo de Mogor) Seixo (Nosa Señora do Carme de Seixo) O Campo (Santa María do Campo) Santomé (Santo Tomé de Piñeiro) Ardán (Santa María de Ardán) O municipio pertence a Dióceis de Santiago de Compostela, e está dividido a sua vez, en oito parroquias eclesiásticas, xa que se inclue a de Cantodarea (Parroquia de San Xosé de Cantodarea)
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Casa do concello. Avenida Orense, s/n. 36900 Marín Arquivo Municipal: A Cañota
Fondos Concello de Marín
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos