ARQUIVO MUNICIPAL DE VIGO
Identificación
Arquivo municipal de Vigo
Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo
Tel.: 986 81 01 00; extensións 1186, 1479 e 1480
Enderezo electrónico: ofi.arquivoxeral@vigo.org
Web: https://hoxe.vigo.org/movemonos/arquivo_municipal.php?lang=gal#/
Responsable: Diego Gómez-Aller Andrés
Datos básicos
Núm. de depósitos: 3
Capacidade: 5.700 metros lineais aproximadamente
Ocupado: 5.500 metros lineais aproximadamente
Libre: 200 metros lineais aproximadamente
Investigación
O Arquivo municipal de Vigo conta cunha sala de consulta na súa sede, localizada no segundo soto da casa do concello. A totalidade do Arquivo ocupa unha planta de 960 m², dos que 40 m² están dedicados á sala de consultas, 34 m² ás oficinas e o resto aos depósitos documentais.
Horario ao público
De luns a venres, das 9 ás 13:30 horas

O desenvolvemento que acadou a cidade ao longo do século XX deixou a antiga casa consistorial, proxectada por José María Ortiz en 1859, diminuta para as necesidades da Corporación, polo que os servizos públicos están dispersos por diferentes locais da cidade. Desta forma, e dadas as perentorias necesidades de espazo, sería aprobado o anteproxecto da actual casa consistorial o 16 de xullo de 1971 e inaugurado o 26 de xullo 1976. A partir dese momento o Arquivo foi trasladado á súa actual localización, no segundo soto da casa do concello, e comezou un proceso de clasificación, ordenación e inventariación do que temos noticias a través das memoria elaboradas polas diferentes funcionarias e funcionarios que ocuparon a dirección do Arquivo.
