Como cada ano desde 1997, o 24 de outubro conmemórase o Día Internacional da Biblioteca, creado como homenaxe tanto ao persoal profesional coma ás institucións bibliotecarias en xeral e para difundir un servizo público de proximidade á cidadanía que facilite o seu acceso ao coñecemento. O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico súmase á conmemoración desta efeméride coa mostra bibliográfica "A provincia en libros" e cun boletín de novidades.
"A provincia en libros" é unha exposición virtual que pretende achegarlle á cidadanía o fondo bibliográfico máis destacado e voluminoso co que conta a biblioteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.
É unha biblioteca especializada de acceso público, que ten como obxectivos fundamentais complementar o fondo documental do arquivo e reunir, conservar e difundir unha colección o máis ampla e representativa posible de fontes de información bibliográfica referentes á provincia de Pontevedra e aos seus concellos. Así, aínda que tamén conta cuns poucos fondos de carácter xeral, a maior parte son de ámbito provincial e municipal.
Trátase dunha pequena mostra da colección de monografías, que na actualidade alcanza máis de 20.000 exemplares.
A gran maioría destes libros están accesibles nas instalacións da biblioteca na modalidade de préstamo a domicilio e a información que conteñen vese extraordinariamente enriquecida co resto de materiais (documentais, cartográficos e audiovisuais), dispoñibles tanto no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico coma no buscador Atopo.
Concretamente, en "A provincia en libros" móstranse 69 referencias bibliográficas de diferentes editoriais, tanto públicas coma privadas, das cales unha pequena porcentaxe permite acceder en liña á propia publicación por tratarse de obras en réxime de dominio público, mentres que o resto proporcionan información dos metadatos básicos (título, autor, editorial, ano), así como unha ligazón ao rexistro bibliográfico completo dispoñible en Atopo.
A PROVINCIA
Guía das aves do interior da provincia de Pontevedra, Muíños de Río nas terras de Pontevedra ou A desamortización na provincia de Pontevedra son algúns exemplos dos títulos que forman parte do amplo repertorio de publicacións dispoñibles na biblioteca, en cuxas páxinas se poden atopar os aspectos máis relevantes da arte, da cultura, da historia, da xeografía, da toponimia ou da antropoloxía da provincia.
Título: Crónica de la provincia de Pontevedra
Autoría: Fernando Fulgosio
Edición: Rubio y compañía
Data: 1867
"La provincia de Pontevedra, una de las cuatro en que se divide Galicia, tiene, además del gobernador civil...". (Do primeiro capítulo)
Título: Descripción económica de la provincia de Pontevedra, y mejoras de que es susceptible su industria agrícola, fabril y comercial
Autoría: Claudio González Zúñiga
Data: 1834
"... encierra en su recinto el más fértil y hermoso terreno de toda Galicia, y también de toda España" (Do corpo do texto)
Título: Xardíns históricos de Pontevedra
Autoría: Carmen Salinero, Ángeles Barros, Gaspar Bernárdez, Xesús Fernández, Antonio Rigueiro
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2019
"Un repaso aos maxestosos xardíns da provincia de Pontevedra, que son froito das influencias estéticas e diferentes estilos xurdidos ao longo dos últimos séculos". (Da Editorial)
Título: Hórreos de Pontevedra
Autoría: Ana Santervás, Borja Brun
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2010
"Recóllense 3 hórreos de cada concello, dos que se describen as súas principais características (materiais, adornos, tamaño, pés…)". (Da Editorial)
Título: Memoria agronómica ó consideraciones sobre el mejoramiento forestal praticola y pecuario de la provincia de Pontevedra
Autoría: Antonio de Valenzuela Ozores
Data: 1865
"...conviene no contentarse con la fórmula vaga de que Pontevedra posee un clima suave y húmedo, sino precisar el grado de calor que puede comunicar a las plantas en determinados períodos del año" (Do corpo do texto)
Título: Montes veciñais na provincia de Pontevedra, 1886
Autoría: Francisco J. Fernández de Ana Magán, Lara María Rey Vázquez, Ricardo J. Rodríguez Fernández
Edición: Xunta de Galicia
Data: 2000
"...documentos que describen o estado forestal e legal dun conxunto de montes veciñais da provincia de Pontevedra a finais do século XIX" (Do limiar)
Título: O galeguismo na provincia de Pontevedra (1930-1936)
Autoría: Carlos A. Antuña Souto
Edición: Ediciós do Castro
Data: 2000
"...análise do proceso político propio máis importante de Galicia na primeira metade do século XX: a conformación política e social do nacionalismo galego". (Da contracapa)
Título: Nomenclator de la provincia de Pontevedra
Autoría: Ignacio Soler y Prat
Edición: Imp. De José A. Antúnez
Data: 1879
"Pintorescas montañas, sembradas de blancas casas de campo que se destacan por medio de la frondosidad de su arbolado; hermosos valles; vegas fertilísimas; puertos magníficos; ríos..." (Da introdución)
OS CONCELLOS
Ademais dunha serie de títulos de carácter xeral, coma O municipio en Galicia, Mosaico municipal ou Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses, a biblioteca conta cunha gran cantidade de información bibliográfica individualizada sobre cada un dos concellos que integran a provincia de Pontevedra.
- Agolada
- Arbo
- Baiona
- Barro
- Bueu
- Caldas de Reis
- Cambados
- Campo Lameiro
- Cangas
- Cañiza, A
- Catoira
- Cerdedo-Cotobade
- Covelo
- Crecente
- Cuntis
- Dozón
- Estrada, A
- Forcarei
- Fornelos de Montes
- Gondomar
- Grove, O
- Guarda, A
- Illa de Arousa, A
- Lalín
- Lama, A
- Marín
- Meaño
- Meis
- Moaña
- Mondariz
- Mondariz-Balneario
- Moraña
- Mos
- Neves (As)
- Nigrán
- Oia
- Pazos de Borbén
- Poio
- Ponte Caldelas
- Ponteareas
- Pontecesures
- Pontevedra
- Porriño, O
- Portas
- Redondela
- Ribadumia
- Rodeiro
- Rosal, O
- Salceda de Caselas
- Salvaterra de Miño
- Sanxenxo
- Silleda
- Soutomaior
- Tomiño
- Tui
- Valga
- Vigo
- Vila de Cruces
- Vilaboa
- Vilagarcía de Arousa
- Vilanova de Arousa
Título: Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: unha microanálise dende Valga, 1890-1950
Autoría: Raúl Soutelo Vázquez
Edición: Concello de Valga
Data: 2007
Concello relacionado: Valga
"...que este libro sexa só un chanzo máis na recuperación da memoria da diáspora dos galegos..." (Da introdución)
Título: Anuncio sobre las investigaciones fisico-químico-médicas de las aguas minerales de Caldas de Reyes y Caldas de Cuntis
Autoría: Manuel Jacobo Fernández Mariño
Data: 1828
Concello relacionado: Caldas de Reis
"…con la enumeración de sus virtudes medicinales y enfermedades en las que conviene su uso en bebida y baño". (Da portada)
Título: Cangas na historia
Autoría: Xerardo Dasairas Valsa
Edición: Concello de Cangas; Morgante
Data: 2017
Concello relacionado: Cangas
"Non é doado resumir en poucas páxinas a intensa e longa historia de Cangas e as parroquias que constitúen o seu territorio". (Da contracapa)
Título: Arbo, vila da Lamprea: libro-homenaxe á festa da lamprea (50 aniversario, 1961-2010)
Autoría: Manuel Xesús Xiráldez González
Edición: Concello de Arbo
Data: 2011
Concello relacionado: Arbo
"...orgullo dun pobo cara aos sinais de identidade que o localizan no mundo: a lamprea e os viños". (Da contracapa)
Título: Baiona nas ondas do tempo
Autoría: Carlos Méixome Quinteiro (dir.)
Edición: Instituto de Estudos Miñoranos
Data: 2004
Concello relacionado: Baiona
"Do milleiro de fotografías antigas que compoñen o arquivo fotográfico do IEM a maioría son de Baiona..." (Do limiar)
Título: Froito dunha ilusión: 1992-2017, 25 anos de historia da Banda de Música Xuvenil de Barro
Autoría: Celso García Alonso
Edición: Asociación Cultura e Xuventude de Barro
Data: 2018
Concello relacionado: Barro
"Ó comezo, a banda adoptou o nome da asociación que a rexe, Banda de Música Cultura e Xuventude de Barro". (Da introdución)
Título: O mundo antigo no Museo Massó e a romanización en Bueu
Autoría: Fructuoso Díaz García
Edición: Xunta de Galicia
Data: 2015
Concello relacionado: Bueu
"...o achado dunha factoría de salgadura romana, un taller de fabricación de ánforas de salgadura e unha vila". (Do limiar)
Título: A memoria de Cambados
Autoría: Carlos Díaz Martínez (textos); Francisco Fernández Rei (imaxes)
Edición: Edicións Xerais de Galicia
Data: 2005
Concello relacionado: Cambados
"...as prazas de Cambados alumeábanse con fachos de gas , que non se acendían cando había luar". (Do limiar)
Título: Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, Campo Lameiro, Pontevedra: guía de visita
Autoría: José Manuel Rey García
Edición: Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro
Data: 2011
Concello relacionado: Campo Lameiro
"...ampliación dos contidos que se amosan na exposición estable, complementando os distintos niveis que se amosan nela". (Da introdución)
Título: O mosteiro de Santa María da Franqueira durante a Idade Media: discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes da "Nosa Señora do Rosario"; contestación polo Sr. Domingo García-Sabell
Autoría: Xosé Carlos Valle Pérez
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 1999
Concello relacionado: A Cañiza
"...no corazón dos montes da Paradanta, nun lugar agreste e de difícil acceso ata datas relativamente recentes". (Do corpo)
Título: Catoira: chave e selo de Galicia
Autoría: Francisco Singul
Edición: Concello de Catoira
Data: 1999
Concello relacionado: Catoira
"...o papel fundamental que desempeñou a vila e máis en concreto a antiga fortaleza, da que sobreviven as chamadas Torres de Oeste...". (Do limiar)
Título: Santa María de Sacos, Cerdedo-Cotobade: relatos históricos da miña aldea
Autoría: Nicanor Barros Gómez
Edición: Concello de Cerdedo-Cotobade
Data: 2019
Concello relacionado: Cerdedo-Cotobade
"...información –tal vez descoñecida para moitos- do verdadeiro patrimonio parroquial, principalmente de finais do século XII". (Da introdución)
Título: A Graña y los grañudos: estudio histórico antropológico
Autoría: Maximino Fernández Sendín
Edición: M. Fernández
Data: 1995
Concello relacionado: Covelo
"... forman un grupo que hasta la fecha ha pasado desapercibido para historiadores y antropólogos...". (Da introdución)
Título: Arquivo do Concello de Crecente : inventario
Autoría: Miguel A. Pereira Figueroa (dir.)
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2000
Concello relacionado: Crecente
"Os fondos documentais do arquivo municipal de Crecente foron os primeiros en recibir un tratamento técnico específico dentro dos da comarca da Parandata, por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra no ano 1991". (Da guía)
Título: San Benito de Cuntis: génesis, fundación y desarrollo de un monasterio de monjas en la provincia de Pontevedra
Autoría: García M. Colombas
Edición: Monte Casino
Data: 1978
Concello relacionado: Cuntis
"...un monasterio de monjas, conocido al principio por el nombre de San Benito de Pereira y hoy por San Benito de Cuntis...". (Da introdución)
Título: Colección diplomática do Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón
Autoría: José Ignacio Fernández de Viana y Vieites
Edición: Consello da Cultura Galega
Data: 2009
Concello relacionado: Dozón
"A presente colección diplomática está composta, fundamentalmente, por documentos orixinais en pergamiño...". (Da introdución)
Título: "A rapa das bestas" de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición
Autoría: Manuel Cabada Castro
Edición: Ir Indo
Data: 1992
Concello relacionado: A Estrada
"Cabalos, mosteiros, frades, homes, lobos, lendas, mitos...". (Da contracapa)
Título: Forcarei, historia fotográfica do século XX
Autoría: Francisco Rozados "Rochi" (coord.)
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2005
Concello relacionado: Forcarei
"...a fotografía é unha lección viva de historia, é unha visita guiada cara atrás...". (Da introdución)
Título: Ordenanzas municipales del ayuntamiento de Fornelos
Edición: Concello de Fornelos de Montes
Data: 1912
Concello relacionado: Fornelos de Montes
Ordenanzas municipales del año 1912 compuestas por 5 títulos: Término municipal, Orden público, Policía urbana, Higiene y sanidad y Policía rural.
Título: Gondomar: historia, arte e territorio
Autoría: Manuel Soliño Troncoso, José Luis Mosquera Veleiro, Alfonso Soliño Troncoso, Antonio Soliño Troncoso
Edición: Ir Indo
Data: 1995
Concello relacionado: Gondomar
"...un compendio documental de achegamento á historia do municipio de Gondomar". (Da introdución)
Título: As colareiras do Grove
Autoría: Patricia Arias Chachero, Antón Mascato García
Edición: Todogrove Edicións
Data: 2010
Concello relacionado: O Grove
"...labor que durante moitas décadas desenvolveron as colareiras na Illa da Toxa...". (Da contracapa)
Título: La emigración guardesa a la República Dominicana: (siglos XIX y XX)
Autoría: Joaquín Miguel Villa Álvarez
Edición: Concello de A Guarda
Data: 2005
Concello relacionado: A Guarda
"...pequeño acercamiento a la singladura de los guardeses que vinieron a parar a este país después de su independencia en 1844...". (Da introdución)
Título: A Illa de Arousa: un percorrido no tempo
Edición: Teófilo; Deputación de Pontevedra
Data: 2010
Concello relacionado: A Illa de Arousa
"...un retrato de conxunto realizado a partir de instantáneas individuais". (Da introdución)
Título: Club Deportivo Lalín: 1935-2005: 70 años de historia
Autoría: José Luis Sierra Oria
Edición: Seminario de Estudios de Deza
Data: 2005
Concello relacionado: A Illa de Arousa
"...ascensos e descensos, fichaxes, o paso de centos de xogadores, os éxitos das categorías inferiores e moitas anécdotas...". (Do limiar)
Título: As escolas de fundación de obra pía de San Martiño de Verducido e San Salvador da Lama
Autoría: Luís Obelleiro
Edición: Concello de A Lama
Data: 1998
Concello relacionado: A Lama
"...foron, coas de ferrado, os principais medios cos que contaron os veciños e veciñas para mitigar o seu analfabetismo...". (Da contracapa)
Título: As árbores do concello de Marín
Autoría: José Gaspar Bernárdez Villegas, Uxía Garcés Ojea
Edición: Concello de Marín
Data: 2018
Concello relacionado: Marín
"...identificar os exemplares máis comúns nos montes, rúas, parques e xardíns públicos do concello...". (Da contracapa)
Título: Herminia Fariña: vida e obra dunha poetisa de Meaño
Edición: Concello de Meaño
Data: 1995
Concello relacionado: Meaño
"...unha das figuras máis representativas do rexurdir cultural galego de principios de século". (Da contracapa)
Título: Para despois do silencio: o Concello de Meis da II República á Guerra civil
Autoría: Mario Gallego Rei, Celso Xavier Milleiro Sánchez, Xosé Manuel Moreira Docampo
Edición: Ir Indo
Data: 2012
Concello relacionado: Meis
"...estudo da xestión desenvolvida polo concello durante os anos da república". (Da contracapa)
Título: A escola pública en Moaña, 1786-1970
Autoría: Manuel Anxo Méndez Fraguas, Xesús Rodríguez Parada, Xesús Cancela Franco
Edición: Nós, Agrupación Cultural Deportiva Recreativa
Data: 2012
Concello relacionado: Moaña
"...mestras e mestres que ao longo dos anos cumpriron a súa función, moitas veces con poucos medios...". (Da introdución)
Título: Os cesteiros galegos de Mondariz e a súa fala gremial
Autoría: Fermín Bouza-Brey Trillo
Edición: Museo do Pobo Galego
Data: 1992
Concello relacionado: Mondariz
"...tributo á memoria de D. Fermín Bouza Brey no seu ano conmemorativo...". (Da presentación)
Título: Mondariz: un agua con historia: la pasión de una burbuja: 125 aniversario de la declaración de utilidad pública de los manantiales de Mondariz y centenario del Gran Hotel-Balneario de Mondariz
Autoría: Antonio Freire Magariños, José Manuel García Iglesias, Javier Solano Rodríguez-Losada, Mª Jesús del Castillo Campos
Edición: Fundación Mondariz Balneario
Data: 2005
Concello relacionado: Mondariz-Balneario
"El agua es para Mondariz-Balneario su pasado, su presente y su futuro". (Do limiar)
Título: Terras de Moraña: (Moraniam): unha realidade na historia, na lenda, na lembranza
Autoría: José Casal Porto, Xosefa Casalderrey Fraga, Alfredo García Giménez, Mariano García González, Miguel Oubel Arcos
Edición: Concello de Moraña
Data: 2002
Concello relacionado: Moraña
"Poñer por escrito o que antes se conservaba oralmente, de palabra...". (Da introdución)
Título: Castro de Torroso (Mos, Pontevedra): síntesis de las memorias de las campañas de excavaciones 1984-1990
Autoría: Antonio de la Peña Santos
Edición: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental
Data: 1992
Concello relacionado: Mos
"...a conformación e enraizamento da Cultura Castrexa, é un dos aspectos máis descoñecidos para os investigadores desta etapa...". (Do limiar)
Título: A Banda de Rubiós e outras músicas de As Neves
Autoría: Xosé Ramón Paz Antón
Edición: Asociación Cultural Banda de Música de Rubiós
Data: 2018
Concello relacionado: As Neves
"Con motivo da celebración do 125 aniversario da fundación da Banda de Música Popular de Rubiós...". (Da introdución)
Título: Nigrán: memoria dunha guerra: 1936-1939
Autoría: Juan A. González
Edición: Edicións do Cumio
Data: 2014
Concello relacionado: Nigrán
"Este libro recolle a palabra ferida dos que perderon a Guerra de 1936,..."". (Da contracapa)
Título: Los barcos de los petroglifos de Oia: embarcaciones en la prehistoria reciente de Galicia
Autoría: Fernando Javier Costas Goberna, Antonio de la Peña Santos
Edición: Autoridad Portuaria de Vigo
Data: 2011
Concello relacionado: Oia
"...exhaustivo estudio de los medios, artefactos y tecnología con que contaban aquellos marinos...". (Do limiar)
Título: Cruces, cruceiros e petos do concello de Pazos de Borbén
Autoría: Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez
Edición: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía
Data: 2008
Concello relacionado: Pazos de Borbén
"En Pazos de Borbén hai notables exemplos do bo facer dos vellos canteiros...". (Da contracapa)
Título: Documentos para a historia de Poio (1936-1942)
Autoría: Andrés Dacosta Paz
Edición: Alén Miño
Data: 2009
Concello relacionado: Poio
"...conxunto de documentos a través dos cales tentamos achegármonos ao que aconteceu en Poio no período da incivil contenda...". (Da contracapa)
Título: Símbolos sen memoria: arte rupestre en Ponte Caldelas
Autoría: Buenaventura Aparicio Casado, Antonio de la Peña Santos
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2011
Concello relacionado: Ponte Caldelas
"Estudo arqueolóxico sobre a arte rupestre centrada en Ponte Caldelas, o epicentro dos gravados de Galicia". (Da Editorial)
Título: Ponteareas da ialma
Autoría: Xoán X. Pérez Labaca
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2011
Concello relacionado: Ponteareas
"Feixe de relatos sobre as xentes, historia, etnografía e folclore". (Da Editorial)
Título: Cerámica de Pontecesures
Autoría: José Piñeiro Ares
Edición: Ediciós do Castro
Data: 1978
Concello relacionado: Pontecesures
"El puerto exterior de Iria Flavia – el Cessuris de los documentos medievales – tuvo siempre gran raigambre alfarera..." (Do inicio)
Título: Descripción geográfica, estadística, económica é histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombres célebres con inclusión de la ría y provincia que lleva su nombre
Autoría: Claudio González Zúñiga
Data: 1848
Concello relacionado: Pontevedra
"Pontevedra: ciudad con ayuntamiento, puerto habilitado y aduana de 2ª clase, Capital de la provincia civil, intendencia de 3ª clase, juzgado de 1ª instancia de término, subdelegación de rentas, oficinas y dependencias correspondientes, instituto de 2ª enseñanza , escuela normal y vice-cónsules de Francia , Portugal é Inglaterra". (Do inicio)
Título: Bandas, músicos e orquestras do Porriño
Autoría: Xosé Ramón Paz Antón
Edición: A Nosa Terra
Data: 2009
Concello relacionado: O Porriño
"A música formou e forma parte da tradición cultural do Porriño". (Da contracapa)
Título: Vida y obra de Domingo Fontán
Autoría: Xosé Lois Vila Fariña
Edición: Asociación Cultural Domingo Fontán
Data: 2004
Concello relacionado: Portas
"Si hay un personaje entrañable para todo pontevedrés y gallego que se precie de serlo, ese es Don Domingo Fontán Rodríguez...". (Do limiar)
Título: A coca
Autoría: Clodio González Pérez
Edición: Concello de Redondela
Data: 1987
Concello relacionado: Redondela
"...para deprender ós redondeláns e ós moitos forasteiros a orixe e significado desa Coca...". (Do limiar)
Título: Historia de Ribadumia
Autoría: Víctor Viana Martínez, Xosé Lois Vila Fariña
Edición: Concello de Ribadumia
Data: 1992
Concello relacionado: Ribadumia
"El Municipio de Ribadumia está enclavado en la comarca del Salnés, delimitada la misma por el valle..." . (Do corpo do texto)
Título: Rodeiro, unha terra con historia
Autoría: Xoán Carlos García Porral (coord.)
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2008
Concello relacionado: Rodeiro
"Este traballo concibiuse co ánimo de dar a coñecer parte da riqueza que esconden as terras de Camba". (Da editorial)
Título: Os muíños de Folón
Autoría: Pedro Díaz Álvarez
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 1998
Concello relacionado: O Rosal
"Ó pé do camiño que leva ós cumios do Folón érguese este muíño clásico...". (Do corpo do texto)
Título: Salceda de Caselas nos tempos da emigración a América: evolución da poboación, economía e dinámicas sociopolíticas locais (1880-1960)
Autoría: Mª Xosé Vázquez Lojo, Raúl Soutelo Vázquez
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2017
Concello relacionado: Salceda de Caselas
"Unha vila como Salceda de Caselas sufriu en determinados momentos da súa historia o tránsito de moita da súa xente cara a América". (Da presentación)
Título: Hai unha terra loubada: (Salvaterra de Miño)
Autoría: Antonio Alonso Fontán
Edición: Cardeñoso
Data: 2011
Concello relacionado: Salvaterra de Miño
"Neste libro, pretendo ofrecerlles un conxunto referencial das parroquias do Concello de Salvaterra...". (Do limiar)
Título: Pasaxes na memoria: historia e testimonios dos represaliados políticos no Concello de Sanxenxo: (1936-1950)
Autoría: María Elisa Franco Torres
Edición: Librería Nós
Data: 2010
Concello relacionado: Sanxenxo
"...sobre os acontecementos dramáticos do Concello nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da Posguerra". (Do limiar)
Título: Historia de Saídres: una feligresía milenaria
Autoría: Manuel Fernández Rey
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2012
Concello relacionado: Silleda
"Crónica da freguesía de San Xoán de Saídres, contada a partir da recompilación de diferentes documentos, escrituras públicas dos veciños desta parroquia do concello de Silleda". (Da Editorial)
Título: A finca do Castelo de Soutomaior: guía botánica
Autoría: Antonio Rigueiro Rodríguez, Jesús Ignacio Fernández Alonso
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 1999
Concello relacionado: Soutomaior
"O Castelo de Soutomaior está situado nun lugar pintoresco, na aba do monte Viso, e dende el divísase unha fermosa vista do valo do río Verdugo". (Da introdución)
Título: Tomiño na historia
Autoría: Natalia Jorge Pereira
Edición: Concello de Tomiño
Data: 2010
Concello relacionado: Tomiño
"Segundo as fontes orais a orixe do topónimo Tomiño está ligado ao de Turonia". (Do corpo do texto)
Título: A cidade de Tui durante a Baixa Idade Media
Autoría: Suso Vila
Edición: Toxosoutos
Data: 2009
Concello relacionado: Tui
"...pormenorizado análise da recolección, análise e interpretación de fontes documentais procedentes da catedral e do cabido tudense...". (Da contracapa)
Título: Galicia y D. José Elduayen: testimonio de los notables adelantos que Galicia en general, y la ciudad de Vigo más particularmente, deben al Excmo. Sr. D. José Eduayen, Marqués del Pazo de la Merced
Data: 1896
Concello relacionado: Vigo
"Seguramente que para quien no conozca los antecedentes del interés que por Galicia, y con más especialidad por Vigo, demostró siempre el ilustre hombre público a áa quien, en justa y legitima correspondencia, se erige ahora la estatua que ha de perpetuar su memoria en esta ciudad,...". (Do corpo do texto)
Título: Banda Artística de Merza: o cultivo dunha herdanza musical
Autoría: Nuria Barros Presas
Edición: Asociación Socio Cultural Banda Artística de Merza
Data: 2013
Concello relacionado: Vila de Cruces
"...unha monografía sobre a traxectoria dunha das agrupacións de maior tradición do panorama bandístico galego,...". (Da introdución)
Título: Vilaboa do Morrazo
Autoría: Manuel Castiñeiras Guerra
Edición: M. Castiñeiras
Data: 1979
Concello relacionado: Vilaboa
"...orientado fundamentalmente a hacer llegar a los habitantes de Vilaboa, presentes y ausentes, todos aquellos datos de su Municipio que nos parecen básicos...". (Da introdución)
Título: A Vilagarcía das vellas postais: un paseo crítico pola vila que quería ser cidade: [1900-1936]
Autoría: Manuel Villaronga
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2005
Concello relacionado: Vilagarcía de Arousa
"O libro recolle unha completa colección de postais de Vilagarcía que nos permiten realizar unha viaxe a esta vila entre os anos 1900 e 1936". (Da Editorial)
Título: Historia municipal de Vilanova de Arousa: 1835-1945
Autoría: Xosé Lois Vila Fariña
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2007
Concello relacionado: Vilanova de Arousa
"...recolle un extracto das actas do período 1835-1945, actas que permiten coñecer a evolución social e municipal do concello". (Da editorial)
Título: Toponimia de Agolada
Autoría: Luz Méndez
Edición: Real Academia Galega
Data: 2016
Concello relacionado: Agolada
"...recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algún dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia". (Da contracapa)