Fondos
1. DELEGACIÓN PROVINCIAL DA FRONTE DE XUVENTUDES DE PONTEVEDRA
DELEGACIÓN PROVINCIAL DA FRONTE DE XUVENTUDES DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.6.1
Título DELEGACIÓN PROVINCIAL DA FRONTE DE XUVENTUDES DE PONTEVEDRA
Data(s) 1945-1977 (Creación)
Volume e soporte 235 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional de Xuventude(1970-1977) A Fronte de Xuventudes institúese pola Lei do 6 de decembro de 1940 para a formación e encadramento das forzas xuvenís de España, organizándose como unha sección de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. A súa finalidade era de proporcionarlle á xuventude unha educación política, física e deportiva, cultural, moral, social e relixiosa de acordo co Réxime. Para iso, a nivel provincial, estableceuse un delegado que designaba a un secretario e a un administrador. En 1961, polo Decreto 2223/61, do 16 de novembro, ordénase a Delegación Nacional de Xuventudes como o órgano encargado polo Estado da educación cívica, política e física dos españois homes menores de vinte e un anos, e a orientación, coordinación e protección das iniciativas e actividades extraescolares da xuventude en réxime de organización e asociación. Atendendo ó cumprimento destas dúas líñas de actuación, queda estruturada en dúas grandes seccións: Sección de Ensinanzas e Sección Xuvenil. As delegacións provinciais viron modificada a súa organización en 1962 quedando, o mesmo cá Nacional, divididas en dúas Seccións. Xa en 1970, o Decreto 2485/70, do 21 de agosto, de promulgación das normas de organización e desenvolvemento dos órganos da Secretaría Xeral do Movemento, establece a estrutura orgánica da Delegación Nacional da Xuventude nunha Secretaría Nacional, un Gabinete Técnico e 5 departamentos (Coordinación, Servizos á Xuventude, Formación, Participación, Económico-Administrativo) co seu equivalente a nivel provincial. Esta estrutura mantívose ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, de reestruturación dos órganos dependentes do Consello Nacional e novo réxime xurídico de asociacións, funcionarios e patrimonio do Movemento. Polo tanto, como organismo da Secretaría Xeral do Movemento con funcións de carácter social, é transferida á administración pública. Así, no Real decreto 596/1977, do 1 de abril, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 23/1977 e se crea a Subsecretaría da Familia, Xuventude e Deporte, baixo a dirección do Ministerio da Presidencia, estas funcións son asumidas pola Dirección Xeral da Xuventude. Estableceuse, así mesmo, mediante este decreto, a creación das delegacións de Familia, Xuventude e Deporte. Finalmente, esta subsecretaría coas súas direccións xerais integrarase no Ministerio de Cultura e Benestar polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, de reestruturación de determinados órganos da Administración do Estado.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Esta documentación ingresou no Arquivo en 1988, mesturada coa da Delegación Provincial da Sección Feminina e a das delegacións comarcais da Organización Sindical, procedente do soto da Delegación Provincial de Cultura da Xunta de Galicia.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Destacan, entre as series deste fondo, as relativas ás inspeccións e visitas a campamentos, as memorias xerais de actividades deportivas e os rexistros regulamentarios de sanidade. A súa función puramente administrativa, pola súa banda, materialízase nos libros maiores de caixa e os libros de ingresos, pagamentos e de operacións bancarias, entre outros.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estado de conservación regular
Instrumentos de descrición Inventario
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas Xefatura Provincial do Movemento
Ãrea de notas
Nota 2.1. Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes, Delegación Provincial de Xuventudes, Delegación Provincial da Xuventude. 4.4. Manuscrito.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Asociación España Galicia Pontevedra
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra
Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional de Xuventude (Tema) (Creador)