Fondos
1. CAMBADOS. NÚMERO 1
CAMBADOS. NÚMERO 1
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.1.3.2.1
Título CAMBADOS. NÚMERO 1
Data(s) 1933-1995 (Creación)
Volume e soporte 1280 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Cambados. Número 1(1835-) Creado o Xulgado de 1ª Instancia polo Regulamento da Administración de Xustiza de 1835 e consolidado, con funcións de primeira instancia no civil e instrución no penal, pola Lei Adicional de 1882, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Cambados abarca nas súas competencias os municipios de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Grove, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Meaño. Pola Lei 12/1982, do 31 de marzo, créase o partido xudicial de Vilagarcía de Arousa, do que pasan a formar parte, segregándose do de Cambados, os concellos de Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Así mesmo, a Lei 28/1988, de Demarcación e Planta Xudicial, crea o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados, que absorberá os asuntos dos suprimidos Xulgados de Distrito de Cambados e Sanxenxo, pasando o máis antigo a numerarse co nº 1.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Debido á inauguración dunha nova sede xudicial, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 solicitou o traslado ó A.H.P. dos expedientes de determinada antigüidade. En abril de 2003 tivo lugar o ingreso dos expedientes do Xulgado nº 1 nun local recentemente alugado e acondicionado pola Consellería de Cultura; estableceuse como data límite o ano 1990, co fin de liberar o máis posible o arquivo xudicial, e tendo en conta que é o ano no que deixan de funcionar os Xulgados de Distrito ( Cambados e Sanxenxo neste caso) e inicia a súa actividade o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polos Xuízos civís en primeira instancia, e os Sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e mais as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.
Área de condicións de acceso e utilización
Instrumentos de descrición Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Cambados
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Cambados
Nome dos puntos de acceso Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Cambados. Número 1 (Tema) (Creador)