Fondos
2. XEFATURA PROVINCIAL DO INSTITUTO NACIONAL DE REFORMA E DESENVOLVEMENTO AGRARIO (IRYDA) DE PONTEVEDRA
XEFATURA PROVINCIAL DO INSTITUTO NACIONAL DE REFORMA E DESENVOLVEMENTO AGRARIO (IRYDA) DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.3.2.6.2
Título XEFATURA PROVINCIAL DO INSTITUTO NACIONAL DE REFORMA E DESENVOLVEMENTO AGRARIO (IRYDA) DE PONTEVEDRA
Data(s) 1971-1982 (Creación)
Volume e soporte 52 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Xefatura Provincial de Pontevedra. Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario(1971-1982) O “Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario” créase pola Lei 35/1971 do 21 de xullo como organismo autónomo da Administración do Estado, dependente do Ministerio de Agricultura. Ten como finalidade o desenvolvemento e a modernización das estruturas agrarias. Suprímense a “Dirección General de Colonización e Ordenación Rural”, o “Instituto Nacional de Colonización”, o “Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural”, o “Consejo Nacional de Colonización” e a “Comisión Central de Concentración Parcelaria”. O Decreto 3220/1971 do 23 de decembro no seu artigo 13 establece a existencia de xefaturas provinciais en cada provincia. Por Real decreto 2423/1982 do 24 de xullo traspásanse funcións e servizos en materia de reforma e desenvolvento agrario do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística O 1 de marzo de 1979 asínase a acta de entrega entre o xefe provincial do IRYDA e o director do Arquivo ingresando o día 9 do mesmo mes.
Forma do ingreso Transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Boletíns Individuais da Propiedade T-5 para a concentración parcelaria ( enquisas para a investigación dos propietarios das terras e a súa clasificación).
Novos ingresos Prevense novas transferencias en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
Organizació
Este fondo preséntase organizado por concellos e por parroquias: - Cerdedo - Cuntis: Arcos de Furcos - A Estrada: Agar; Ancorados; Berres; Callobre; Cora; Curantes; Guimarei; Loimil; Moreira; Oca; Riobó; Rubín ; San Xulián de Vea; San Xurxo de Vea; San Miguel de Castro; Santa Cristina de Vea; Somoza - Forcarei: Presqueiras - Ponteareas - Ribadumia: Besomano; Ribadumia - O Rosal: As Eiras- Tabagón; Santa María do Rosal - Silleda: Ansemil-Breixa-Martixe; Bazar-Pazos; Carboeiro-Saidres; Chapa-Manduas; Escuadro-Relas; Silleda
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Agás as restriciones contempadas no art. 57.1.c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estadp de conservación moi bo
Instrumentos de descrición Relación de entrega
Área de documentación
Existencia e localización de copias As xefaturas provinciais enviaban ó “Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario” de Madrid, á Notaría do Distrito e ó Rexistro da Propiedade copias dos títulos de propiedade e planos.
Unidades de descrición relacionadas Ás delegacións de Facenda (Catastro de Rústica) envíanse unha colección de planos e unha relación de propietarios a efectos fiscais.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Xefatura Provincial de Pontevedra. Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (Tema) (Creador)