ATOPO
Rexistros actuais: 1.186.134
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.506

ARQUIVO MUNICIPAL DE BARRO

Identificación

Arquivo municipal de Barro
San Antoniño. Perdecanai, 1. 36194 Barro
986 711 001 - Fax: 986 711 001
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.323
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 20.006

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1992
Reincorporacións documentais: 1999, 2002, 2005, 2007, 2008, 2010, 2013, 2014, 2016
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999

Mapa

Estes fondos dispóñense na propia casa do concello, unha moderna edificación reformada recentemente e inaugurada como sede municipal en 2015, cando se trasladaron as dependencias municipais desde a antiga sede, situada nun edificio próximo.

Nesta nova casa do concello, construída en pedra e de varias alturas, destaca o seu volume, que culmina nunha estrutura ameada.

O local do arquivo municipal sitúase no soto do edificio, habilitado para o efecto, con acceso directo desde a planta baixa, onde se atopan as oficinas municipais.

Trátase dunha ampla sala cuadrangular con algo máis de 85 m2; nela instaláronse inicialmente preto de 110 m de estantes de madeira, suficientes para os fondos existentes.

O local conta tamén cunha mesa de consulta e de traballo.

Plano Arquivo municipal de Barro