ATOPO
Registros actuales: 1.617.765
Objetos digitales disponibles: 504.649

CÁMARAS AGRARIAS LOCAIS DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.7.1.2

  • Título CÁMARAS AGRARIAS LOCAIS DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1945-1996 (Creación)

  • Volume e soporte 136 libros en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Cámara Agraria Provincial de Pontevedra(1939-1995) A orixe remota das Cámaras agrícolas remóntanse ó Rd de 14 de novembro de 1890, que regula de forma detallada estas asociacións agrarias, de carácter voluntario e cualificadas de interese público, con funcións de defensa e fomento dos intereses agrícolas. Logo de varias modificacións, atendendo á realidade socio-política de cada momento, xorden as Irmandades sindicais de labregos e gandeiros no ano 1939, modificadas polo Decreto de unidade sindical agraria de 17 de xullo de 1944 e a publicación do regulamento das Irmandades en 1945. As Irmandades sindicais provincias conviviron ata 1947 coas Cámaras oficiais agrícolas, fusionándose nunha nova corporación de dereito público denominada Cámara Oficial Sindical Agraria (COSA). A COSA tiña funcións moi amplas, pasando de ser corpos consultivos da administración en materia agraria a actuar como órganos executivos e representantes dos intereses dos traballadores agrícolas e das industrias relacionadas con eles. A aparición dun sistema democrático e a nova realidade sindical derivaron na creación en 1977, en plena transición democrática, das Cámaras agrarias provinciais, que se mantiveron ata a súa descentralización e transferencia as respectivas Comunidades Autónomas no ano 1995. Estes derradeiros procesos conlevaron unha paralización administrativa e funcional destas, antesala dunha prevista desaparición como organismo.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A Delegación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural enviou a documentación o 10 de xuño de 2003 e o 18 de agosto do mesmo ano.

  • Forma do ingreso Transferencia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A meirande parte da documentación son actas e libros de contabilidade.

  • Organizació

    En proceso de organización.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 57.1.c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • Instrumentos de descrición Relación de entrega.

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas Arquivo Histórico da Deputación de Pontevedra No fondo de AISS existe libros das “Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos”.

Área de notas

  • Nota O xefe do Servizo de Extensión e Capacitación Agraria informou, en maio de 1999, da existencia de libros de actas das cámaras agrarias na Delegación de Agricultura, Gandaría e Política Agroalimentaria de Pontevedra e de documentación na Axencia de Extensión Agraria de Pontecaldelas, uns 250 m.l. de documentación. Por obras no edificio do Arquivo esta documentación non se puido recoller no seu momento. Unha vez rematadas as obras decídese recoller estos documentos pero desaparecerán na súa totalidade.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Cámara agraria España Galicia Pontevedra

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra

  • Nome dos puntos de acceso Cámara Agraria Provincial de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición