Rexistros actuais: 1.285.620
Obxectos dixitais dispoñibles: 428.511
FONDO ARQUIVO DA DEPUTACIÓN - XUNTA DE AXUDA A MUNICIPIOS
A Xunta de Axuda a Municipios funcionou entre 1945 e 1965. Estaba presidida polo gobernador civil e tiña representación doutros moitos organismos (Deputación, Movemento Nacional, Delegación de Facenda, ministerios etc.), o que posibilitaba a realización de obras e proxectos por todos os concellos da provincia. O seu labor continuouno o Servizo de Cooperación da Deputación.
A colección, con preto de 2.500 fotografías, todas elas en branco e negro e dixitalizadas, permite coñecer a evolución técnica de instalacións e infraestruturas, pero, especialmente, serve como testemuña do paso do tempo e do cambio nos usos sociais, económicos e culturais das xentes.









