ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

ARQUIVO DA CÁMARA AGRARIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Identificación

Arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra.
Praza do Teucro,18. 36002 Pontevedra

Datos básicos

Organización documental: 2003-2004
Nº unidades de instalación: 760
Datas extremas da documentación: 1890-2004

Actuacións Servicio Técnico Patrimonio Documental

Dirección técnica:
Miguel Pereira Figueroa
José Luis Castro Carpintero
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo

Traballos de organización e descrición documental:
José Luis Castro Carpintero
Manuela González Rey
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Francisco Orge Ventín
Jacobo Domínguez Pedreira
Isabel Balchada Bermúdez
Iria Chaves Moledo
Montserrat Romero Alonso
Iñaki Varela Pérez

A documentación xerada pola Cámara Oficial Sindical Agraria estivo nas súas orixes nun local na rúa Andrés Muruáis para trasladarse posteriormente á rúa Pasantería,1, no edificio de Sindicatos; finalmente, no mes de agosto de 1981, instálase no edificio que ocupa na actualidade na praza do Teucro, 18. Este, que se construíra en 1744, forma parte do pazo de San Román, ocupando a parte arcada e de menos altura.

O local do arquivo sitúase na planta superior, baixo cuberta, na que ocupa a maior parte, agás as zonas laterais usadas como áreas de almacenamento e unha pequena habitación. Son preto de cen metros cadrados que foron recentemente remozados e dotados dos equipamentos necesarios para a súa función, superando unha fase de problemas de illamento térmico e de humidades.

Dispón de máis de douscentos metros lineais de estantes metálicos, deshumidificador e varias mesas de traballo e consulta.

Plano Arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra