ATOPO
Rexistros actuais: 1.096.356
Obxectos dixitais dispoñibles: 414.215

Fondos

CÁMARA AGRARIA PROVINCIAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ACAP.56.

  • Título CÁMARA AGRARIA PROVINCIAL

  • Data(s) 1890-2004 (Creación) 1890-00-00 - 2018-08-23 (Produción)

  • Volume e soporte 760 unidades de instalación con 2.609 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Cámara Agraria Provincial de Pontevedra(1939-1995) A orixe remota das Cámaras agrícolas remóntanse ó Rd de 14 de novembro de 1890, que regula de forma detallada estas asociacións agrarias, de carácter voluntario e cualificadas de interese público, con funcións de defensa e fomento dos intereses agrícolas. Logo de varias modificacións, atendendo á realidade socio-política de cada momento, xorden as Irmandades sindicais de labregos e gandeiros no ano 1939, modificadas polo Decreto de unidade sindical agraria de 17 de xullo de 1944 e a publicación do regulamento das Irmandades en 1945. As Irmandades sindicais provincias conviviron ata 1947 coas Cámaras oficiais agrícolas, fusionándose nunha nova corporación de dereito público denominada Cámara Oficial Sindical Agraria (COSA). A COSA tiña funcións moi amplas, pasando de ser corpos consultivos da administración en materia agraria a actuar como órganos executivos e representantes dos intereses dos traballadores agrícolas e das industrias relacionadas con eles. A aparición dun sistema democrático e a nova realidade sindical derivaron na creación en 1977, en plena transición democrática, das Cámaras agrarias provinciais, que se mantiveron ata a súa descentralización e transferencia as respectivas Comunidades Autónomas no ano 1995. Estes derradeiros procesos conlevaron unha paralización administrativa e funcional destas, antesala dunha prevista desaparición como organismo.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A documentación xerada pola Cámara Oficial Sindical Agraria estivo nas suas orixes nun local na rúa Andrés Muruáis para trasladarse posteriormente á rúa Pasantería,1, no edificio de Sindicatos; finalmente, no mes de agosto de 1981, instálase no edificio que ocupa na actualidade na praza do Teucro, 18. Este, que se construíra en 1744, forma parte do pazo de San Román, ocupando a parte arcada e de menos altura. O local do arquivo sitúase na planta superior, baixo cuberta; foi recentemente remozado e dotado dos equipamentos necesarios, superando unha fase de problemas de illamento térmico e de humidades. Dispón de máis de douscentos metros lineais de estantes metálicos e varias mesas de traballo e consulta. A documentación conservada fora no seu día -década dos anos setenta- organizada polo funcionario Perfecto Hermida Santos, conservando certa organización, a pesar de que moita estaba afectada pola humidade, as malas condicións de almacenamento e os insectos. O último proceso de organización do fondo documental iníciase no ano 2004 e remátase nos inicios do 2005. Como resultado da descrición elaboráronse o cadro de clasificación, creado “ad hoc” por descoñecerse antecedentes nin actuacións similares; un inventario somero, que relaciona as 760 unidades de instalación coa información das súas series e datas extremas; e, por último, un inventario detallado que describe en 2.626 rexistros o conxunto de expedientes e documentos que compoñen o arquivo. Neste proceso organizativo, baixo a dirección técnica do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, colaboraron as seguintes persoas: José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Manuela González Rey Francisco Orge Ventín Jacobo Domínguez Pedreira Isabel Balchada Bermúdez Iria Chaves Moledo Montserrat Romero Alonso Iñaki Varela Pérez Cos supresión da Cámara Agraria Provincial e o peche das suas dependencias na Praza do teucro procedeuse so traslada da documentación ao Arquivo Histórico Provincial, no que se atopa a disposición dos usuarios na actualidade.

  • Forma do ingreso Por transferencias descontinuas dende as oficinas xestoras.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Apréciase un elevado volume documental, que conserva con notoria continuidade a maior parte da produción xerada pola entidade.

    Do conxunto destacan, polo nivel informativo, as actas dos diferentes órganos de goberno, e polo seu interese o conxunto fotográfico do voo realizado no ano 1969 que recolle a totalidade da provincia e supón unha fonte gráfica de importancia, que reflicte as variables xeográficas resultantes da evolución urbana e económica.

    Así mesmo, a incualificable destrución do patrimonio documental da maior parte das Irmandades locais fai deste fondo unha fonte necesaria, toda vez que recolle copias das actas, dos presupostos, das circulares... destes organismos.

  • Valoración, selección e eliminación A documentación sofre o primeiro e único proceso selectivo nas propias oficinas que os producen, previamente ó envío ó arquivo, non realizándose nos últimos anos ningún proceso de expurgo selectivo. Documentación de conservación permanente.

  • Novos ingresos É un fondo aberto, suxeito a novas transferencias pese á perda de funcións e ó seu escaso funcionamento.

  • Organización

    O fondo organizouse seguindo un criterio de clasificación orgánico-funcional, co resultado do actual cadro de clasificación, artellado arredor de catro seccións, referidas sucesivamente á xestión dos órganos de goberno colexiados e unipersoais, ó funcionamento administrativo da entidade, á xestión de servizos e relacións con outras administracións e, por último, ó control e xestión orzamentario e dos seus recursos. Cada unha destas seccións subdivídese en subseccións e estas en series e subseries, atendendo á variedade da tipoloxía documental e ás series existentes.
    
    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONSELLOS. XUNTAS
    1.2.- ÓRGANOS PROVINCIAIS:
    1.3.- PRESIDENTE
    
    2. ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA
    2.2.- REXISTRO:
    2.3.- PATRIMONIO. CONTRATACIÓN:
    2.4.- PERSOAL:
    2.5.- INFORMES XURÍDICOS. LEXISLACIÓN
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- TUTELA E CONTROL DAS CÁMARAS AGRARIAS
    3.2.- ELECCIÓNS:
    3.3.- GRUPOS DE COLONIZACIÓN:
    3.4.- FORMACIÓN AGROPECUARIA:
    3.5.- FOMENTO AGROPECUARIO:
    3.6.- COMUNIDADES DE MONTES E REGADORES
    3.7.- MUTUALIDADE NACIONAL DE PREVISIÓN. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.
    3.8.- COOPERATIVAS DO CAMPO
    3.9.- GARDARÍA RURAL. TRIBUNAL XURADO
    3.10.- COLABORACIÓN CO MINISTERIO DE AGRICULTURA
    
    4. ADMINISTRACIÓN ECONÓMICA
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    4.1.1. PRESUPOSTO ORDINARIO
    4.1.2. PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO
    
    4.2.- RECADACIÓN. TRIBUTACIÓN
    4.3.- CRÉDITO AGRÍCOLA

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • Características físicas e requirimentos técnicos A documentación atópase en xeral en bo estado de conservación, sendo os soportes diversos maiormente en papel.

  • Instrumentos de descrición - Cadro de clasificación específico do fondo. - Inventario somero en soporte informático,e papel. - Inventario detallado en soporte informático e papel. Publicacións: * “Inventario do arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, Irmandades e Cámaras Locais de Pontevedra e de Vilanova de Arousa",. Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004).- Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 60.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Arquivos das Irmandades de labradores e gandeiros e cámaras agrarias locais.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Puntos de acceso

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200078407