ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO MUNICIPAL DAS NEVES

Identificación

Arquivo municipal das Neves
Praza da Cristiandade, s/n. 36440 As Neves
986 648 038 - Fax: 986 648 052
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 3.138
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 21.052

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1990
Reincorporacións documentais: 1994,1998,2000,2002,2005,2006,2009, 2011, 2012, 2013, 2016, 2019
Reorganización (novo cadro): 1998
Informatización instrumentos descrición: 1998

Mapa

O arquivo municipal atópase na casa do concello, un edificio singular de granito construído nos primeiros anos da década dos cincuenta e remocicado entre 1985 e 1992.

O local dedicado especificamente á conservación do volume documental existente está situado no soto da casa do concello; conta cun acceso desde o exterior, está anexo á biblioteca municipal e na actualidade ocupa tres salas.

No seu momento realizáronse obras para mellorar as condicións de habitabilidade, espazo, iluminación, ventilación e seguridade para conservar os documentos. As salas son rectangulares, de 70 m2, cunha altura próxima aos 3,5 m, a medida que foron aumentando as necesidades de almacenamento os estantes metálicos nos que colocar as unidades de instalación.

As salas contan cun deshumidificador, cun ficheiro e cunha mesa de consulta e traballo.

Plano Arquivo municipal das Neves