ARQUIVO MUNICIPAL DE BAIONA
Arquivo municipal de Baiona
Rúa Lorenzo Carrera, 17. 36300 Baiona
986 385 050 - Fax: 986 357 474
Responsable: Delia Pérez Garbín
Nº unidades de instalación: 5.690
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 39.211
Organización inicial: 1981-1982
Reincorporacións documentais: 1994,2002,2005,2012-2013,2016
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

A casa do concello de Baiona atópase na Casa de Correa, unha construción en pedra, de sólidos muros, distribuída en baixo e planta, e prolongada lateralmente cunha terraza ameada. O edificio, que se cre que foi construído en 1759, foi adquirido para convertelo na sede do Concello en 1942. Recentemente restaurado, habilitouse o baixo cuberta e creouse unha praza na súa fronte.
O local que ocupa o arquivo sitúase na ala esquerda da edificación, distribúese en tres plantas comunicadas entre si por unha escaleira metálica e conta cunha superficie total superior de máis de 76 m2. Este espazo posúe boas condicións de habitabilidade e instalacións e equipamentos suficientes para a súa finalidade.
Debido a que a súa capacidade era insuficiente para o elevado volume documental xerado polo Concello, foi preciso habilitar un novo espazo na planta baixa, nunha sala cadrada de 38 m2, comunicada coas anteriores por unha escaleira interior de pedra.
