ARQUIVO MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS
Arquivo municipal de Caldas de Reis
Ferrería, 1. 36650 Caldas de Reis
986 540 002 - Fax: 986 530 393
Responsable: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 4498
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 41129
Organización inicial: 1983-1984
Reincorporacións documentais: 1990,1991,2000,2001,2007,2009,2012, 2015
Reorganización (novo cadro): 2000
Informatización instrumentos descrición: 2001
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Estes fondos sitúanse na propia casa do concello, unha edificación tradicional de pedra, de considerables dimensións, con baixo e planta, e situada a carón do río Umia e da estrada N-550, da Coruña a Tui.
Tras a última reforma, na que se tentou resolver a medio prazo o problema de espazo que se arrastraba, a zona dedicada ao arquivo municipal ocupa a parte posterior do claustro central do edificio, distribuído en catro salas que rodean a pequena capela existente. Son algo máis de 85 m2 en total, con ventilación e iluminación natural suficientes. Nestes locais instaláronse estantes metálicos para albergar toda a documentación conservada e tamén deshumidificadores para regular a humidade ambiental.
Ademais, un dos locais conta cunha mesa de consulta e de traballo, cun ordenador e cun ficheiro metálico para os instrumentos de descrición.
