ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE CRECENTE

Identificación

Arquivo municipal de Crecente
Rúa Solís Ruíz, 5. 36420 Crecente
986 666 300 - Fax: 986 666 251
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.705
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 16.429

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1991
Reincorporacións documentais: 1992,1995,1999,2002,2005,2009,2011,2014
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A actual casa do concello de Crecente é o resultado da reforma levada a cabo en 1950, cando se derrubou a construción anterior e se levantou outra con baixo e planta, de pedra, que unificaba as antigas casas do concello e a escola e vivenda de mestres. Máis tarde, en 1961 e en 1979, reformouse e, finalmente, na década dos noventa rehabilitouse e acondicionouse o espazo existente baixo cuberta, ben comunicado coa primeira planta, na que se atopan as dependencias administrativas e a Alcaldía.

Na superficie baixo cuberta distribuíronse dúas zonas simétricas a cada lado da escalinata de acceso, das que a zona dereita se destinou a arquivo municipal. O local distribúese en tres salas comunicadas entre si e ten unha superficie total de máis de 60 m2. Este reformouse na súa totalidade, dotouse de medios de illamento térmico e conta con dúas ventás nun lateral que permiten regular a súa ventilación e iluminación natural.

Instaláronse os elementos necesarios para situar os fondos, con estantes suficientes, cunha mesa de consulta e co correspondente ficheiro metálico.

Plano Arquivo municipal de Crecente