ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE CUNTIS

Identificación

Arquivo municipal de Cuntis
Praza da Constitución, 4. 36670 Cuntis
986 548 005 - Fax: 986 548 677
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 3.025
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 24.408

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1988
Reincorporacións documentais: 1988,1990,1991,1997,1998,1999,2003,2005, 2007-2008,2010, 2012,2015
Reorganización (novo cadro): 1998
Informatización instrumentos descrición: 1999

Mapa

Os fondos dispóñense na casa do concello, un edificio moderno construído a finais da década dos setenta e principios da dos oitenta, cun baixo e dúas plantas. A súa fachada principal sitúase na intersección de dúas rúas e nela elimínase a esquina da edificación. Recentemente, corenta anos despois da súa construción, rehabilitouse a fachada para mellorar a eficiencia enerxética e para darlle unha imaxe máis moderna e estética.

O arquivo municipal sitúase na segunda planta, en tres locais distintos, principalmente nunha sala cuadrangular de máis 75 m2 na que se instalaron 216 m de estantes metálicos, mesas de traballo e de consulta e un ficheiro metálico para os instrumentos de descrición. Ademais, conta con outras dúas salas pequenas, todas elas con condicións de iluminación natural e ventilación suficientes.

Plano Arquivo municipal de Cuntis