ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO MUNICIPAL DE FORNELOS DE MONTES

Identificación

Arquivo municipal de Fornelos de Montes
Praza da Igrexa,1. 36847 Fornelos de Montes
986 768 409 - Fax: 986 768 411
Responsable: Vanesa Boullosa Peralba

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.343
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 13.901

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1991 - 1992
Reincorporacións documentais: 2002,2003,2005-2006,2007,2008, 2009,2010,2013,2014, 2015
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A casa do concello é un edificio exento en pedra, distribuído en baixo, planta e baixo cuberta, no que se atopa o salón de sesións. A parte central da fachada destaca pola balconada apoiada nunha tripla arcada de medio punto.

O arquivo municipal ocupa un pequeno local na ala esquerda do baixo; ten planta rectangular e unha superficie total de 12 m2, que serve de depósito para os fondos documentais conservados. Ademais, conta con axeitadas condicións de habitabilidade e luminosidade e co equipamento suficiente para a súa función.

Plano Arquivo municipal de Fornelos de Montes