ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE LALÍN

Identificación

Arquivo municipal de Lalín
Praza do Concello,1. 36500 Lalín
986 787 060 - Fax: 986 782 042
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 7.722
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 36.675

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 2002, 2004, 2005, 2006, 2009, 2011, 2017
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002

Mapa

No proceso de organización dos fondos documentais levado a cabo en 1989, de xeito provisional e á espera dunha futura mellora das instalacións municipais, situouse o arquivo na planta baixa da casa do concello, en dous locais anexos, antigas celas, de escasa superficie e aproveitamento, cunhas condicións de habitabilidade moi mellorables.

En 2002 acórdase trasladar os fondos a un local situado fóra do concello, concretamente na planta baixa do edificio que albergou a biblioteca municipal e tamén o Museo de Títeres. Daquela o archivo ocupaba unha superficie aproximada de 70 m2 e contaba cunha ampla sala rectangular. Neste espazo dispúxose o equipamento suficiente para colocar a totalidade das unidades de instalación, unha mesa de consulta, un ficheiro e un ordenador.

En 2013 inaugurouse unha nova casa do concello, tamén coñecida como Castro Tecnolóxico. Nela habilitouse un espazo para o arquivo municipal, concretamente o semisoto, a carón do garaxe. Este distribúese en tres salas circulares, que respectan a estrutura deseñada polos arquitectos Luis Moreno Mansilla e Emilio Tuñón para o conxunto desta moderna edificación. Ademais, dotouse de estantes compactados e tradicionais, dunha mesa de traballo e de consulta e dun ordenador.

As novas dependencias garanten a conservación da documentación que se vaia incorporando.

Plano Arquivo municipal de Lalín