ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.603
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.671

ARQUIVO MUNICIPAL DE MEIS

Identificación

Arquivo municipal de Meis
Rúa Xeneralísimo, 6-7. 36637 Meis
986 712 001 - Fax: 986 715 300
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.692
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 16.221

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1986
Reincorporacións documentais: 1987,1994,1997,2000,2001,2006,2008, 2010, 2011, 2012, 2014, 2019
Reorganización (novo cadro): 1997
Informatización instrumentos descrición: 2000
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2023

Mapa

A casa do concello, reconstruída tras o incendio de 1930 e modificada en 1973 e, de novo, en 1981, é un edificio de pedra, exento, distribuído en baixo e planta.

O arquivo municipal ocupa un local cuadrangular situado na ala dereita da planta baixa, que conta con 30 m2 de superficie e cunha altura de 3,5 m. Ademais, posúe unhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación, grazas ás amplas ventás Este local ten o equipamento necesario para almacenar a documentación conservada, basicamente estantes metálicos compactados e por unha mesa de traballo e de consulta.

Plano Arquivo municipal de Meis