ARQUIVO MUNICIPAL DE MONDARIZ
Arquivo municipal de Mondariz
Merouces,16. 36870 Mondariz
986 656 000 - Fax: 986 656 006
Responsable: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 2512
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 23442
Organización inicial: 1986
Reincorporacións documentais: 1987,1994,1999,2002,2005,2007,2009, 2011, 2013, 2017
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024
A casa do concello de Mondariz é unha edificación exenta, integrada nunha fermosa superficie axardinada dentro do núcleo urbano. Destaca pola súa horizontalidade e pola súa gran superficie acristalada, seguindo a tradición das galerías, que se completa cun lucernario central sobre as escaleiras de acceso á planta alta; grazas a iso, o edificio goza dunha considerable iluminación natural no seu interior.
O arquivo contou con diferentes localizacións nos últimos anos. Recentemente habilitouse, tras a oportuna reforma e adecuación, un local de máis de 55 m2 no soto da casa do concello, antes dedicado na súa totalidade a garaxe e almacén municipal.
Este local dispón de espazo suficiente para albergar os fondos documentais; nel instaláronse un total de 150 m de estantes metálicos, dispostos segundo se amosa no plano adxunto.