ARQUIVO MUNICIPAL DE NIGRÁN
Arquivo municipal de Nigrán
Praza da Constitución, 1 36350 Nigrán
Tfno.: 986 365 000 - Fax: 986 368 198
Responsable: Cristina Aballe Román
Nº unidades de instalación: 10.806
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 81.960
Organización inicial: 1987
Reincorporacións documentais: 1990, 2000, 2005, 2007, 2009, 2011, 2012
Reorganización (novo cadro): 2000
Informatización instrumentos descrición: 2001
A casa do concello consta dun baixo e dunha planta e combina a pedra e o aluminio como elementos construtivos. Está formada por dous corpos laterais sobresaíntes unidos por un corpo central, con amplas ventás ao exterior.
Inicialmente construíuse entre 1954 e 1960 cun só corpo lateral e unha á central; entre 1984 e 1987 reformouse e ampliouse levantando un corpo simétrico ao outro lado cos mesmos materiais, que se adaptou ao terreo. polo que se consegue o aproveitamento dun soto nesta nova á. Así mesmo, habilitouse unha boa parte do baixo cuberta.
O local destinado ao arquivo ocupa precisamente o soto do edificio, que se ampliou aproveitando unha parte que inicialmente estaba destinada a garaxe de vehículos municipais; grazas a isto o arquivo dispón de luz natural e ventilación.
O espazo divídese en dúas zonas comunicadas entre si, cunha superficie total de 42 m2, dotado do equipamento necesario para o depósito e o tratamento documental.
Como o espazo non era suficiente para toda a documentación, en 2021, tras finalizar as obras de ampliación da casa do concello, coa unión dun novo edificio ao actual por unha pasarela, habilitouse un amplo depósito no soto para as últimas incorporacións dos expedientes tramitados en papel.