ARQUIVO MUNICIPAL DE PONTEAREAS
Arquivo municipal de Ponteareas
Xardíns Rodrigo Sabell, s/n. 36680
986 640 000 - Fax: 986 660 647
Responsable: Antonio José Groba Diéguez
Nº unidades de instalación: 2919
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 19289
Organización inicial: 1986
Reincorporacións documentais: 1990, 1995, 1999, 2004, 2009, 2017
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 1999
Implantación del cuadro de clasificación funcional: 2025

A casa do concello, construída en 1898, é unha edificación de pedra, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. A notable altura de cada planta permite o dobre aproveitamento dalgunhas zonas, coma as que albergan o arquivo municipal.
Esta presenta un clásico estilo ecléctico e decimonónico, con amplas escalinatas e grandes espazos abertos que condicionan o seu uso actual.
O local do arquivo, que nos inicios do proceso de organización ocupaba o baixo cuberta, trasladouse a dous espazos secundarios a ambos os lados da escaleira principal, na entreplanta do baixo do concello. En total ocupa 56 m2.
A pesar de que conta co equipamento necesario, é difícil acceder a este espazo. Ademais, na actualidade existen problemas de espazo, polo que se deberán buscar solucións nun futuro inmediato.
