ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE REDONDELA

Identificación

Arquivo municipal de Redondela
Rúa Alfonso XII, 2. 36800 Redondela
986 400 300 - Fax:986 400 013
Responsable: Ana Gesteira Ponce

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 8.601
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 67.339

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1988
Reincorporacións documentais: 1988,1998,2002,2005,2007,2008,2009,2010, 2012, 2018
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2023

Mapa

A casa do concello de Redondela é un edificio exento, de pedra, con baixo e planta, no que destaca a torre lateral da súa fachada principal.

Na actualidade o arquivo ocupa a parte traseira da planta baixa, logo da recente ampliación das instalacións dedicadas á conservación da documentación producida polo concello. Este novo espazo dispón de catro salas de depósito e dunha zona de traballo e consulta, cun total de 134,72 m2.

Este espazo conta co equipamento suficiente para colocar a totalidade das unidades de instalación, cunha mesa de traballo e consulta, cun ficheiro e cun ordenador. A documentación  atópase en estantes metálicos compactados, suficientes para colocar toda a documentación que se conserva na actualidade.

Plano Arquivo municipal de Redondela