ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

ARQUIVO MUNICIPAL DE SALCEDA DE CASELAS

Identificación

Arquivo municipal de Salceda de Caselas
Rúa Doutor Zunzunegui, 7. 36470 Salceda de Caselas
986 349 003 - Fax: 986 347 401
Responsable: Ana María Pérez Rodríguez

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 4006
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 27243

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1993
Reincorporacións documentais: 1995,1999,2002,2005,2007,2008,2009, 2011, 2013-2014, 2018
Reorganización (novo cadro): 1999
Informatización instrumentos descrición: 2002
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A anterior casa do concello de Salceda de Caselas era unha edificación exenta, construída en 1917, integrada no núcleo urbano da vila, distribuída en baixo e planta que polas súas pequenas dimensións e pola súa insuficiencia para as esixencias actuais, obrigou a acometer a construcción dunha nova casa do concello.

Iniciado este proceso nos finais do século XX e logo dun largo período de construcción dispón hoxe o concello de Salceda de Caselas dunha moderna casa do concello na mesma praza onde se atopaba a anterior, desarrollada horizontalmente ó longo dun dos laterais da mesma. Caracterízase esta construcción tanto pola súa horizontalidade como pola profusa apertura de vanos a fin de favorecer a iluminación do local.

Conta o edificio con soto, baixo, pranta e aproveitamento baixo cuberta, dispóndose no mesmo as instalacións dos servicios municipais e do xulgado de paz e comunicándose con outros edificios de servizos para os cidadáns.

O novo local do arquivo disponse no soto desta nova casa do concello, con acceso dende as oficinas municipais da planta baixa; ocupa unha ampla sala que ten unha estructura irregular de máis de oitenta metros cadrados e unha extraordinaria altura que supera os catro metros.

Para levar a cabo a súa función de depósito documental instaláronse neste local un total de oito bloques de estantería compactada e un fixo de catro ou cinco corpos cada un, distribuídos tal e como se reflicta no plano, coa posibilidade de incrementar estos equipamentos con outros dous bloques no futuro.

Dispón ademais de moble ficheiro para a consulta do catálogo do propio arquivo e de mesa de traballo e consulta no mesmo local, así como ordenador e aparato deshumificador para regular a humidade ambiental.

Plano Arquivo municipal de Salceda de Caselas