ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE SALVATERRA DE MIÑO

Identificación

Arquivo municipal de Salvaterra de Miño
Praza da Constitución, s/n. 36450 Salvaterra de Miño
986 658 082 - Fax: 986 658 360
Responsable: Ricardo Grandal Pazos

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 4.078
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 25.537

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 2002, 2005, 2007, 2009, 2011, 2014, 2017
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002

Mapa

A actual casa do Concello, de recente construcción, supón unha sensible mellora nas instalacións e equipamentos municipais, dispondo na súa concepción dun espacio adicado a arquivo municipal na planta superior, que ven a resolver unha sentida carencia dos últimos anos.

Esta nova edificación intégrase nun tamén novo entorno cunha ampla praza e nunha área de novo desenvolvemento urbanístico. É unha ampla estructura, desarrollada horizontalmente, con baixo, planta e baixo cuberta, que cubre inicialmente as necesidades da entidade local.

Ocupa o arquivo unha boa parte da planta superior, próxima ós noventa metros cadrados, abufardada, con deseño irregular en forma de "L". Dispoñen estas novas instalacións dos debidos equipamentos para a súa función, de axeitadas condicións de ventilación e luminosidade, estantería metálica suficiente, ficheiros e mesas de consulta, sistemas contra incendios e porta de seguridade.

Plano Arquivo municipal de Salvaterra de Miño