ARQUIVO MUNICIPAL DE SANXENXO
Arquivo municipal de Sanxenxo
Rúa Consistorio, 4-6. 36960 Sanxenxo
986 720 075 - Fax: 986 721 022
Responsable: Susana Aguín Suárez
Nº unidades de instalación: 14.137
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 57.982
Organización inicial: 1988
Reincorporacións documentais: 1993,2000,2001,2004,2005,2007,2009, 2011, 2013, 2014, 2018
Reorganización (novo cadro): 2000
Informatización instrumentos descrición: 2001
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2023
Ata a última actuación víñanse conservando estes fondos na torre da casa do concello, nunha terceira planta, con notables problemas de espacio e operatividade.
Na última actuación o local do arquivo municipal foi trasladado ó baixo dun edificio próximo á casa do concello, procedendo á súa reforma e adecuación a esta nova finalidade a partir dunha concepción prioritaria de depósito documental do elevado número de unidades de instalación que se conservan.
Ocupa unha gran sala rectangular cunha superficie superior ós cento vinte metros cadrados, no que se procedeu a instalar o maior número de estantería metálica posible, parcialmente compactada, cunha superficie útil total estimada superior ós oitocentos metros lineais, e habilitar unha pequena zona de traballo e consulta a carón da entrada ó local.
Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, moderno equipamento informático e adecuadas condicións de habitabilidade, seguridade e de illamento.