ARQUIVO MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR
Arquivo municipal de Soutomaior
Alexandre Bóveda, 8. 36691 Soutomaior
986 705 106 - Fax: 986 705 333
Responsable: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 2.708
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 25.969
Organización inicial: 1987
Reincorporacións documentais: 1991, 1994, 2006, 2007, 2008, 2010, 2012, 2015, 2018
Reorganización (novo cadro): 2006
Informatización instrumentos descrición: 2007
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024
A casa do concello sitúase na parroquia de Soutomaior; é un edificio de pedra, construído no ano 1950, remozado interiormente en varias ocasións e sometido recentemente a unha ampliación lateral na procura de novos espazos para a colocación dos diferentes servizos municipais. Ata esta ampliación contaba con baixo, primeira planta e aproveitamento baixo cuberta e presenta como característica máis reseñable un bloque central, lixeiramente resaltado na fachada e que se desenvolve en altura, formando unha torre que rompe a horizontalidade do edificio.
O arquivo, logo de varias localizacións ó longo dos últimos anos, fora disposto nas anteriores reformas na estructura baixo a cuberta do edificio, ocupando parte dela. Son dúas salas ás que se accede por escaleira metálica en forma de caracol dende as oficinas; estas salas dedícanse á consulta e tratamento documental, dispóndose a ambos lados da torre central. Contan cun total de 40 metros cadrados de superficie útil, cunhas adecuadas medidas de illamento, ventilación natural controlada e con aceptables condicións de habitabilidade. Estas salas foron dotadas de estantería metálica ranurada, cun total de 120 metros lineais útiles para a colocación de fondo documental existente; ademais conta con medidas de seguridade contra roubo e incendios.
A carencia espacial obriga a buscar novas alternativas espaciais para a custodia documental, polo que se destina para este fin unha pequena sala rectangular sala na planta baixa da ampliación lateral, dotándoa de estantería compactada.