ARQUIVO MUNICIPAL DE TOMIÑO
Arquivo municipal de Tomiño
Praza do Seixo, 1. 36740
986 622 003 - Fax: 986 622 530
Responsable: Funcionarios municipais
Nº unidades de instalación: 6.710
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 32.002
Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1990,1991,1997,2001,2003,2007,2008-2009, 2010, 2012, 2014, 2018
Reorganización (novo cadro): 1997
Informatización instrumentos descrición: 1997
O edificio da casa do concello é unha construcción sinxela en pedra, exenta, situada na parroquia e vila de Tomiño que se distribúe en baixo, planta e baixo cuberta; foi inaugurado en 1946 e recentemente ampliado.
O arquivo municipal instalouse no seu día na planta baixo cuberta da casa do concello de Tomiño, nun local distribuído en dúas salas ó redor dunha zona central á que se accede por unha longa escaleira dende a planta principal.
Ámbalas dúas salas son similares, formando xunto co espacio central unha zona rectangular de 19 metros de longo e 8,5 metros de ancho, cunha superficie total de 169 metros cadrados, dos que a maior parte se aproveita como espacio útil; o teito ten forma de bufarda permitindo o uso e cómodo acceso á práctica totalidade das salas.
Este local foi reformado na súa totalidade e dotado, coincidindo co proceso de organización do fondo documental nos anos 1989-1991, duns axeitados e suficientes equipamentos, que incluían mesa de consulta, ficheiro e estantería metálica suficiente que alcanza os 192 metros lineais.
A propia estructura e a insuficiencia espacial deste local fixo que nunha posterior ampliación da casa do concello se habilitara outra pequena sala, na entreplanta, dotada á súa vez dos equipamentos necesarios e das axeitadas condicións de habitabilidade, agás a ventilación directa e luz natural.
A continuidade na produción documental motivou a procura de novos espazos para o arquivo municipal. Habilitouse como depósito documental unha sala rectangular na planta baixa do edificio do xulgado de paz que está próximo á casa do concello, no que se instalou estantería metálica compactada, procedéndose ó traslado ó mesmo das unidades que foi posible instalar, quedando daquela libres unha boa parte dos anteriores locais de arquivo.