ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

ARQUIVO MUNICIPAL DE TUI

Identificación

Arquivo municipal de Tui
Praza do Concello, s/n 36700 Tui
986 603 625 - Fax: 986
Responsable: Rafael Sánchez Bargiela.
Auxiliar: María Dolores Martínez Gamallo

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 6.233
Nº rexistros inventario descriptivo (base de datos): 45.697

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1984
Reincorporacións documentais: 1985,1986,1987,2005,2006,2007,2008,2009, 2019
Reorganización (novo cadro): 2005
Informatización instrumentos descrición: 2006

Mapa

A casa do concello ubícase na parte alta da cidade, a carón da catedral, no medio do casco antigo. É unha edificación construída nos inicios dos anos cincuenta do século XX, cunha distribución orixinal, adaptándose ó térreno de semisoto, baixo e planta, na que destaca a balconada central e o remate en frontón. Nos últimos anos procedeuse a súa ampliación hacia atrás na procura de novos espazos para a ubicación das diferentesáreas municipais.

O local do arquivo atópase no semisoto do edificio, con acceso dende as oficinas da ala esquerda, mediante unha ampla escalinata en directamente dende o exterior. Contaba anteriormente cun total aproximado de cen metros cadrados, distribuídos en tres espazos útiles: no centro unha ampla sala distribuidor, con mesa para tráballo e consulta. Á dereita unha pequena sala, depósito de boletíns e fondos bibliográficose na parte esquerda un amplo e saturado depósito documental, con dúas alturas diferentes, separadas por unha arcada.

A insuficiencia espacial e a mellora das instalacións da casa do concello conlevan a procura de novos espazos polo que se adeican a arquivo dúas novas salas próximas, habilitando unha comunicación directa e que se destinan a deposito documental e sala de consulta respectivamente. Coa mesmo melloranse sensiblemente os equipamentos dos diferentes depósitos mediante a instalación de estantería compactada, con máis de 940 metros lineais de estantes, mobiliario de traballo e consulta e aparatos deshumidificadores para o axeitado control ambiental.

Plano Arquivo municipal de Tui