ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Identificación

Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Praza de Ravella,1. 36600 Vilagarcía de Arousa
986 501 008 - Fax: 986 501 109
Responsable: Roberto Sobrado Miguélez

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 18.704
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 116.876

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1984, 1985
Reincorporacións documentais: 1986, 1988, 1991, 2002, 2003, 2002-2003, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011,2012, 2013, 2016, 2018
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2003

Mapa

A casa do concello de Vilagarcía de Arousa foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído nos últimos anos do século dezanove; unha edificación illada, inicialmente en pedra, con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que foi complementada cun amplo anexo posterior, que compoñen dous sotos e catro plantas en torno a un espacio central definido pola apertura lumínica.

Resérvase ó arquivo municipal un espacio tradicional no baixo cuberta, cunha ampla superficie distribuída en tres amplas salas, que serven de depósito, zona de traballo e consulta. A este espacio engádeselle a disposición de varios locais nos sotos do concello, dotadas de estantería compactada e que deberán albergar a producción documental prevista nun futuro, toda vez que o local principal se atopa sen capacidade de recibir novas remisións.

Conta o local cos equipamentos necesarios para a súa función, con recente dotación de estantería metálica, mobiliario de traballo e consulta, equipos informáticos, deshumificadores e mobiliario auxiliar para documentos especiais.

Plano Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa