Rexistros actuais: 1.302.454
Obxectos dixitais dispoñibles: 495.016
FONDO ARQUIVO DA DEPUTACIÓN - SERVIZO DE COOPERACIÓN
A partir do ano 1945, coa progresiva creación da Xunta de Axuda a Municipios, a Comisión Provincial de Servizos Técnicos e dos plans de centros rurais de hixiene e os de obras municipais menores, foise conformando o Servizo de Cooperación e as súas competencias.
Igual que o fondo fotográfico da Xunta de Axuda a Municipios, este tamén está dotado dun valor patrimonial alto por ser o reflexo da evolución económica e social dos concellos e dos seus habitantes.
Na actualidade, a pesar de que aínda se está a traballar no inventario, catalogación e dixitalización de parte deste fondo, contamos xa con preto de 500 imaxes, en branco e negro e dixitalizadas.









